Tal e como apuntaron, trátase dunha iniciativa que consideramos importante achegar aos nosos veciños co fin de que se conciencien de que antes de tirar calquera aparello eléctrico ou electrónico, teñen que pensar na posibilidade de reciclalo, levándoo, por exemplo, ata o punto limpo municipal, que temos no Polígono de Cuíña. Na campaña recordan que cando reciclamos un aparello deste tipo, iniciamos un ciclo que termina na fabricación doutro aparello eléctrico ou electrónico; favorecendo en último caso o aforro dos recursos naturais. Ademais, moitos destes aparellos conteñen substancias perigosas, que hai que tratar adecuadamente e impedir que se mesturen con outros residous ou entren en contacto co medio.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



