Cervo, 13 de decembro de 2017. O Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Anxuela, organiza a III Carreira San Silvestre que sairá da Praza dos Campos o 31 de decembro, día de fin de ano; como é tradicional.
Así o anunciou o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, na presentación do evento, que tivo lugar na Praza dos Campos de San Cibrao; na que estivo acompañado polas edís de Xuventude e Servizos Sociais, e os rapaces que colaboran na organización da cita deportiva.
A saída está prevista para as 11:30 horas da Praza dos Campos. As inscricións anticipadas pódense formalizar ata o día 30; chamando ou enviando un whatsapp ao número de teléfono 691.65.66.00 ou un correo electrónico a sansilvestre@gmail.com. Os participantes poderán anotarse tamén ese mesmo día, na Praza dos Campos, entre as 10:00 e as 11:00 horas. É necesario aportar nome e apelidos, data de nacemento, procedencia e o DNI.
A recepción dos participantes, que deben ter de 14 anos en diante, será entre as 10:00 e as 11:00 horas, cando se fará entrega dos dorsais correspondentes.
O circuíto programado é duns 5 quilómetros aproximadamente; dende a Praza dos Campos, dirección cara ás Antigas Fábricas de Salazón, atravesando toda a Avenida da Mariña, caro o Faro Punta Atalaia, o Porto de San Ciprián e con chegada de novo á Praza dos Campos.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina, e tamén ao mellor cervense a á mellor cervense.
Todos os participantes serán agasallados cunha medalla.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar na Carreira San Silvestre e a despedir o ano facendo deporte, percorrendo diferentes recunchos do noso municipio.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
