A Mariña 13-12-17. Tras 6 meses de espera para facer un ecocardiograma de estress e logo de presentar dúas reclamacións en Atención ao Paciente sen que fosen atendidas as súas demandas , decide facer unha terceira reclamación pero neste caso acompañada dun escrito dirixido á Subxerencia Executiva do Hospital da Costa.
A muller está tomando un tratamento para o corazón sen saber se o precisa ou non xa que non ten un diagnóstico. A partir de hoxe fágolles responsables de todo canto me poida pasar en relación coa miña saúde pois rinse vostedes dos pacientes- refire.
No escrito que presentou diante da Dirección do centro o día 27 de novembro, con rexisto de entrada número 2735 a paciente da un paso máis ante a desidia dos órganos xestores do hospital. Visto que neste hospital as reclamacións van a un caixón en fondo , tomarei as medidas legais oportunas contra a dirección do hospital e a Xerencia Integral de Lugo, por ser de xustiza- conclúe a muller.
O día 30 de novembro a paciente recibe unha chamada telefónica do Hospital e comunícanlle que ten unha cita para facer o ecocardiograma de estres o día 22 de decembro de 2017. Membros activos da Plataforma Sanitaria amósanse indignados ante o modo de xestión que está a seguir a dirección do centro para intentar calar á xente e que non cheguen máis lonxe as protestas dos e das veciñ@s . So se presentas unha reclamación ameazando con tomar medidas legais atenden as demandas da poboación , é escandaloso e ate obsceno; pero isto non son casos illados ,estamos ante a punta dun iceberg- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



