Xa hai gañadora do sorteo dunha Escapada romántica a París con motivo da celebración da campaña de San Valentín. A agraciada é Mª Antonia Prieto Gonzalez, que resultou premiada cun ticket de compra de Casa Chao. O premio entregouse este venres ás 12:00 horas nas oficinas da Asociación, e poderá desfrutar da viaxe do 9 ó 12 de Marzo. O premio inclue 3 noites nun hotel 3* con almorzo, vó dende Santiago a Paris e viceversa, e seguro de viaxe. Foron numerosas as persoas que se achegaron este xoves a depositar os seus tickets de compra na carpa instalada na Praza da Fontenova, polo que podemos valorar a boa acollida que tivo a campaña entre os clientes e o éxito de participación.
Campaña San Valentin CCHV “escapada romántica a Paris”
Campaña San Valentin CCHV “escapada romántica a Paris”
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas