Polo que din as obras da subestación eléctrica de Ribadeo xa están rematadas , e séguese repetindo o mantra de que houbo un retraso por culpa do contencioso administrativo prantexado polos veciños de Piñeira. Convén crarexar, mais unha vez, e sabendo que non chegará, que esa información non se axusta a secuencia dos feitos.
Sen entrar agora nas fases anteriores, os datos concretos dos últimos anos son os seguintes: O día 3 de xaneiro de 2013 o concello de Ribadeo concedeu a licencia de obras. A mediados de febreiro comezaron os movementos de terras, desmontes e algunha obra. A mediados de abril a empresa paralizou as actividades sen dar nengún tipo de explicación e so a mediados de decembro do mesmo ano se formalizou o contencioso pola Comunidade de Montes de Piñeira. Ainda tardou seis meses a empresa en anunciar que estaban as obras paralizadas por mor do contencioso, pero non fai falla ser un lince para entender que os tempos non casan. Non é o caso do Sr. Alcalde de Ribadeo que tamén se apuntou á mensaxe da eléctrica.
Non nos preguntes porque foi este retraso nen os anteriores, eso sábeno eles se o saben. O único que podemos contar é que primeiro iba ser unha subestación de 400.000 watios e despois de 132.000, naturalmente sen explicacións. Tamén se sabe que o proxecto foi moificado polo menos duas veces dende o anuncio inicial en xullo de 2008, cando se asinou o convenio entre SEPES, EON, a Consellería de Industria e o concello de Ribadeo, como tamén é sabido que polo medio andiveron EON, ENEL, BEGASA e VIESCO. De algunhas cousa hai documentación e por ahí están es hemerotecas. Dos intríngulis nin se sabe, nin saberá pero quede claro que, no tocante aos retrasos os veciños non tiveron a mais mínima intervención. ¡Ainda quen cas eléctricas¡.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



