Xa se coñecen os nomes dos gañadores da campaña do Día do Pai, organizada polo Centro Comercial Aberto de Foz, que puxo en xogo 400 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados. Todas as persoas que fixeron as súas compras do 9 ao 19 de marzo nos locais de Acia/CCA de Foz participaron nesta campaña. Este xoves tivo lugar o sorteo deses agasallos en Radio Foz, coa asistencia da vocal do CCA Celia Núñez. Cada persoa recibirá 100 euros en vales de compra. Os gañadores foron: Dolores López Mariño, que mercou en Pastelería Anduriña; Mª del Pilar Andrade Campos, que comprou en Pastelería Amarena; Luisa Fernández Friol, que fixo compra en Alain Afflelou; e José Antonio Otero Rodríguez, que mercou en Cenor-Belianorte.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



