Cervo, 21 de abril de 2018.- Máis de 500 escolares procedentes de diferentes centros educativos da Mariña participarán na I Xornada de Educación Física na Rúa que terá lugar o vindeiro mércores, 25 de abril, en San Cibrao.
A actividade, organizada polo Seminario de Educación Físca da Mariña, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, os edís de Educación e Deportes, Dolores García Caramés e José Ramón Soto, respectivamente, o coordinador do seminario e profesor de Educación Física do CEIP Cervo nº1, Luis Escolar, e polo director deste colexio, José Ángel Riveira.
A inauguración do evento e a recepción dos participantes terá lugar ás 10:20 horas, na Praza dos Campos; e prolongarase ao longo de toda a mañá, ata as 13:45 horas.
Vanse preparar 10 estacións con distintos xogos en cada unha delas, supervisados e dirixidos por persoal cualificado. A actividade concentrarase fundamentalmente na Praza dos Campos; pero tamén se utilizarán como escenarios a praia e o paseo do Torno e o parque Reina Sofía.
As actividades por estacións serán as seguintes:
1.Skate, surf e malabares
2.Brillé
3.Desafíos Cooperativos
4.Paracaídas
5.Baile
6.Xogos Populares
7.Pedra, papel e tesoira
8.Volei, palas e ultimate
9.Disc-Golf (na foto da presentación pódese ver unha das cestas que se elaboraron para esta actividade), slackline e busca do tesouro
10.Tres en raia
O alcalde de Cervo destacou que vai ser unha xornada moi enriquecedora a todos os niveis, na que irán da man o deporte e a educación. “Será unha mañá de convivencia entre o alumnado de diferentes centros da Mariña que poderán desfrutar da actividade deportiva ao aire libre nunha contorna, como é esa zona da Praza dos Campos de San Cibrao, que é a idónea para levar a cabo unha actividade coma esta”.
A aposta polo Deporte, en todas as súas facetas, é unha máxima deste equipo de Goberno, e, como non podía ser doutro xeito, nesta ocasión tamén colaboramos cos organizadores en todo o que está na nosa man para facilitarles, na medida do posible, a súa labor e, entre todos, conseguir, como estamos convencidos que así vai ser, que a xornada sexa todo un éxito co obxectivo de inculcar aos rapaces hábitos de vida saudables e alentalos para que o Deporte sexa unha parte primordial no seu día a día.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



