Foz 11-5-18. Este venres no parlamento de Galicia tódolos grupos parlamentarios aproban por unanimidade unha proposición non de lei, para facer os estudos necesarios para acometer as melloras de abrigo e da dragaxe de Porto Chico.
(Melloras que nos xunto co noso alcalde Javier Jorge Castiñeira pedimos e defendiamos cando fomos presentalas na anterior primavera en Santiago xunto da consellería de pesca e a sua presidenta a Sra. Rosa Quintana.)
Dende A asociación a Ribeira de Foz que recalcar a importancia de chegar acordos fora das siglas políticas, pois cando os argumentos son de peso e inaudibles como son os este caso, son un exercicio de responsabilidade para quen nos representan.
Agradecemos polo tanto a o grupo parlamentario en Marea que se preocupase por reunirse con nos, e de levar as nosas preguntas e reivindicacións sobre do tema de Porto chico a debate parlamentario. Do mesmo xeito agradecer o resto de partidos; PP, PSOE e BNG o entendemento da necesidade e urxencia e que votaron a favor.
A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
– 29461 (10/PNC-002346)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun informe do posible custo económico, para as principais frotas pesqueiras galegas afectadas, da implantación da obriga de desembarque de todas as capturas realizadas
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á elaboración dun informe co custe económico que pode supoñer para as principais frotas pesqueiras galegas afectadas a implantación da obriga de desembarque e coas alternativas de flexibilidade que recolle a normativa.”
Aprobación por unanimidade sen modificacións
– 5322 (10/PNC-000509)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia das obras de dragaxe do Porto Chico, de Foz
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz.”