Lugo, 31 de maio de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais o director territorial de Lugo de ABANCA, Walter Álvarez Álvarez, presentou na mañá de hoxe os convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2018, neste caso dos equipos de Lugo e a súa área. O Plan de patrocinio, que para esta tempada contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 3% con respecto ao ano anterior, cando foron 166 os equipos beneficiados, e do 92% respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008-2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Un ano máis, o número de equipos femininos patrocinados volve medrar, 28 equipos na tempada 2008-2009, 69 o exercicio pasado e 72 na actual campaña porque, como dixo Marta Míguez, “dalgún xeito ten que verse reflictido que cada ano somos máis as mulleres que practicamos deporte, ben sexa federado ou non”. De feito, lembrou que nesta tempada, as cifras de licenzas femininas no deporte federado galego xa alcanza o 23,6% do total.
A responsable do deporte galego felicitou a todos os equipos presentes polo traballo e polos resultados acadados e dirixiuse aos directivos dos clubs para felicitalos tamén pola súa xestión. Nas súas verbas, Míguez dixo crer no “tecido asociativo que cada ano medra en cantidade e calidade e que presta un servizo fundamental á sociedade facéndolle accesible o deporte e a competición”.
En termos absolutos, desde que o Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia botou a andar na tempada 2009-2010 a Xunta leva consignados a este aspecto preto de 20 millóns de euros. Neste sentido, a a secretaria xeral agradeceu a ABANCA “o seu esforzo e a súa aposta decidida polo deporte galego”.
Ao fío desta idea, a secretaria xeral identificou o deporte como “unha fórmula xeradora de negocio polo seu enorme retorno, notoriedade e boa imaxe”, cualidades extensivas ás empresas que o apoian, engadiu. Por todo iso, dixo Marta Míguez, “o deporte como produto de consumo constitúe un obxecto económico moi atractivo no mercado de bens e servizos” e supón maior visibilidade e importantes oportunidades de comercialización e vantaxes competitivas. “Apoiar ao deporte é sempre un investimento”, apuntou. Así, Marta Míguez fixo un chamamento a todas aquelas entidades privadas para que, como ABANCA, “se sumen a este compromiso de patrocinio do deporte galego porque só se pode gañar apostando polos mellores expoñentes”.
Pola súa parte, o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, destacou que este programa “é xa un pacto transversal polo tecido socio-deportivo de Galicia e polo deporte de base”. Este plan de patronicio encaixa coa filosofía de traballo da entidade financeira e o seu apoio á transmisión de valores vitais a través do deporte. De maneira adicional, permite a ABANCA comprometerse “coa sostibilidade económica de 19 clubs do ámbito da provincia de Lugo para que os nosos deportistas de hoxe e de mañá poidan centrarse nas súas competicións”, engadiu Álvarez.
Os 29 equipos de Santiago e a súa área -8 máis que no exercicio pasado- que presentaron hoxe os seus convenios de patrocinio suman un investimento total de 301.003,11 euros, o 12,4% do orzamento total do plan, e foron: o C.D. Burela Fútbol Sala (feminino e masculino), Club Peluquería Mixta Friol, Club Baloncesto Breogán S.A.D., Club Porta XI C.B., Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (dúatlon e tríatlon masculino e feminino), Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo (masculino e feminino), Prone Lugo Asociación Deportiva, Club de Hockey Femenino Meigas, Club Patíns Lóstregos Lucus, Club Fluvial de Lugo (masculino e feminino), Club Piragüismo Ciudad de Lugo, Club Emevé (masculino e feminino), e o Racing Club Villalbés.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
