Ribadeo, 9 de xuño de 2018. O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús acolle a exposición titulada Premios Wonenburguer, da Xunta de Galicia, e ao mesmo tempo tamén está instalada unha mostra realizada polo alumnado de 1º da ESO chamada As pícaras tamén somos de Ciencias. As dúas están abertas ao público hoxe, sábado, e mañá, domingo, de 17:30 a 20:00 horas e o vindeiro luns, día 11, serán visitadas pola secretaria xeral de Igualdade da administración autonómica, Susana López Abella.
A dirección do centro explicou: “no colexio Sagrado Corazón de Jesús temos o privilexio de contar coa exposición Premios Wonenburguer, distinción que outorga a Xunta de Galicia cada ano desde 2007 e que visibiliza o traballo das mulleres científicas. Ó seu carón podemos ver un traballo do alumnado de 1º da ESO titulado As pícaras tamén somos de Ciencias, que nos amosa a científicas de todos os tempos e campos de traballo”.
