A comparsa Sin Xeito, gañadora do Entroido 2018, foi a encargada de poñer a nota musical e de color co obxectivo de achegar o Entroido de Foz aos miles de turistas que en agosto pasan as súas vacacións na vila e así animalos a que no inverno se acheguen a disfrutar dun dos mellores carnavais de Galicia. Tanto o Concello de Foz como o Centro Comercial Aberto apostan pola organización de diferentes actividades ao longo de todo o ano, co fin de atraer turistas non só no verán, senón tamén durante o outono e o inverno. E a promoción realizada do Entroido de Foz é boa proba diso, de aí que animen a todas as persoas que pasan o seu verán na localidade a que a visiten tamén noutras épocas do ano, como por exemplo durante a celebración do carnaval focense.
A Feira do Libro e Foz Market foron escenario da promoción do Entroido focense
A Feira do Libro e Foz Market foron escenario da promoción do Entroido focense
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional