Lugo, 02 de agosto de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, anunciou hoxe novos investimentos do Goberno provincial por importe de 200.000 euros para mellorar 4,6 quilómetros de 2 estradas provinciais en Mondoñedo. Campos Conde destacou que con estas obras o Goberno proponse mellorar as infraestruturas públicas e os servizos para os veciños da provincia, dentro da liña marcada para que a de Lugo sexa unha Deputación social, rural e coas persoas.
As melloras en Mondoñedo son 1,4 quilómetros da LU-P- 3106, que vai dos Remedios a Romariz por Estelo, entre os puntos quilométricos 8,5 e 10,2, da que se beneficiarán unhas 30 persoas; e 3,2 quilómetros da LU-P-3108 de Viloille a Figueiras, entre os puntos quilométricos 0,7 e 4. E a estrada que atravesa o núcleo de Figueiras, e do que se beneficiarán uns 50 veciños.
Inicio dos traballos en 10 estradas de 4 Concellos
Campos Conde informou da aprobación en Xunta de Goberno dos plans de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar as obras, para melloras en 19 quilómetros de 10 estradas provinciais en 4 Concellos da provincia, que contan cun investimento da Deputación de 740.000 euros. Logo da aprobación deste documento na sesión celebrada este venres, os traballos arrancarán nas vindeiras semanas.
As actuacións son:
Na Pobra do Brollón: mellora de case 8 quilómetros de 4 estradas, nas que o Executivo da Deputación inviste 370.000 euros. Son a LU-P-4702, que vai de Vilachá por Rozabales á Estación da Pobra do Brollón, na que se actuará entre o puntos quilométricos 0 e 1,2; a LU-P-4703, que vai da LU-652 a Santalla de Rei a LU-653 entre os puntos 4,6 e 6,8; a LU-P-4707, que vai de Pobra do Brollón por Saa, Veneira e Deroques entre os puntos quilométricos 1 e 2,8; e na LU-P-4710 da LU-P-4701 Salcedo á Estación da Pobra do Brollón (LU-933), entre os puntos 2,2 e 4,8.
En Foz: 3 quilómetros de 2 estradas nas que o Executivo da Deputación inviste 113.000 euros. Son a LU-P-2010, de Bao a Ver no treito dende o punto quilométrico 0 ao 2,5, e a LU-P-2009, que vai do Peirao de Foz por Marzán a Bispo Santo, dende os puntos quilométricos 1,6 e 1,9.
En Alfoz: 5 quilómetros de 2 estradas en Alfoz nas que o Executivo da Deputación inviste 144.292 euros. Son a LU-P-0204, de Carrocide a Arnela, entre os puntos quilométricos 1,3 e 5,9, e a LU-P-0211, de Adelán a Figueras, do quilómetro 0 ao 0,4
En Foz: 3 quilómetros de dúas estradas en Foz nas que o Executivo da Deputación inviste 113.000 euros. Son a LU-P-2010, de Bao a Ver, no treito dende o punto quilométrico 0 ao 2,5, e a LU-P-2009, do Peirao de Foz, por Marzán, a Bispo Santo dende os puntos quilométricos 1,6 ao 1,9.