Iso foi o que lle dixo Albert Rivera a Arrimadas cando se veu na obriga de aplicar en Barcelona a consigna mandada polo grupo ALDE para ir ás claras á influenza política nunha cidade referente no continente. Daquela prometíanse unha aposta forte para C´s. Hoxe podemos decir que para a formación laranxa está moi en vigor o mito de Edipo, o efecto Valls, vai matar a C´s en Barcelona, se renuncias as siglas renuncias a estar…En Marea sabe moito disto. Os movementos recentes así o permuten augurar, unha presentación da plataforma de Valls sen Rivera nin Arrimadas fai ver ás claras un clima de confrontación próximo. A Plataforma Barcelona Capital Europea pode, cunha grande dose de populismo, penetrar fortemente nunha Barcelona cansada de uns e de outros e desilusionada cunha alcaldesa do “cambio” que xa nin os seus sacan fora da Cidade Condal.
Dende unha visión europea e pro Europa Estado, a candidatura de Valls podería ser unha boa nova, mais moito me temo que é unha aplicación, unha vez máis, de populismo e efectismo que non vai facer máis que desilusionar na costrucción dunha Europa dos pobos. Imaxino que o equipo de asesores de C´s estarán tentando hoxe minimizar riscos e blindar o status quo do líder supremo porque coido que Valls é suficientemente ambicioso para dar un salto alén de Barcelona, veremos.
No marco galego non se atisba tal movemento, quizais ter soamente 2,8 millóns de habitantes non reseulta importantes na batalla por unha Eurpoa social ou liberal que se vai por de manifesto en maio de 2019. Mais para Galicia é unha opción apostar polo partido máis europeísta e con mellores bimbios para as nacionalidades, rexións e países sen estado. Esta forza é o Partido Demócrata Europeo de Francesco Rutelli e Bayrou, pronto teremos novas ó efecto en Galicia. Federalismo europeo de certo, para que Galicia pinte algo en Europa, tendo en conta que a nosa representación propia de hoxe está traballando disimuladamente na opción de menos Europa.
Nunca se lle da sufiente importancia ás eleccións europeas, craso error, porque o 70% da normativa sae de Bruxelas e Estrasburgo e en Galicia moito do noso potencial esta en liza alí: pesca, agricultura, fondos de cohesión, eurorexión …
Os liberales xa deron pasos para inclinar a balanza con un cabalo de troia, ollo á posición popular e socialdemocráta-socialista, algo terán que facer, non tan contundente pero si necesario para as súas formacións políticas. Quen sabe igual Pedro Sánchez pense en Paco Vázquez para alcalde de Roma, total na súa renovación xa rescatou a Losada, Bugallo e Laxe. Calquera día vemos a Abel Caballero como candidato en Oporto, xa sabedes que isto é unha licencia, en Portugal son serios coa política e teñen máis luces.
A Galicia tocalle loitar por peso como País en Europa, posiblemente exista unha opción, coido que moita xente xa traballa niso. 2019 é o momento xusto para Galicia e un bo camino chámase Galeusca.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



