Viveiro, 25 de outubro de 2018. A empresa contratada pola Deputación Provincial de Lugo, no marco do Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais 2017/2019, para a execución das obras de mellora en tres estradas de titularidade provincial no noso termo municipal vén de rematar os traballos de aglomerado en quente do seu firme, sinalización e limpeza de cunetas, quedando pendente as labores de pintando que prevén realizarse, se as condicións meteorolóxicas o permiten, ao longo da vindeira semana.
Os tramos dos viais sobre os que se actuou, que foron propostos polo Concello de Viveiro, son os seguintes:
LU-P-6601 “de Misericordia a Silvarosa”, pk 0+000 ao 1+350
LU-P-6611 “de Magazos a Fontecoba”, pk 1+500 ao 2+830
LU-P-6613 “do Cemiterio novo á igrexa de San Roque”, pk 1+100 ao 3+000.
Estas obras, que teñen un presuposto de adxudicación de 127.897 euros, supoñen un importante investimento do ente provincial e unha mellora para a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio, polo que dende o Concello de Viveiro se quere agradecer publicamente á Deputación Provincial de Lugo a inversión realizada.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



