Ribadeo, 22 de novembro de 2018. Estes días dan comezo as obras de mellora na rúa Juan Suárez Acevedo, en Ribadeo, e na rúa do Porto, en Rinlo. O investimento ascende a 30.000 euros en cada caso e son financiadas polo Ministerio de Fomento e polo Concello. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.
O rexedor anunciou hoxe que “estamos encarando xa o remate deste ano, pero seguimos cumprindo os compromisos que nos marcamos no orzamento de 2018, concretamente na área de rehabilitación integral de Ribadeo e na de Rinlo. De aí que, xunto coas rehabilitacións que se favorecen desde as administracións públicas, tamén desde elas estamos realizando melloras nos espazos públicos”.
Fernando Suárez detallou que “estamos iniciando as obras no casco histórico de Ribadeo, concretamente na rúa Juan Suárez Acevedo, unha pequena rúa indo cara ao porto de Porcillán. A outra actuación é na rúa do Porto, en Rinlo, na área de rehabilitación integral desa parroquia. Entre as dúas obras, aproximadamente son 30.000 euros cada unha de orzamento, 60.000 entre as dúas, e son financiadas entre o Concello de Ribadeo e o Ministerio de Fomento. Para a rúa Juan Suárez Acevedo, de Ribadeo, a empresa adxudicataria que mellor oferta fixo foi a empresa Ramsey, e na rúa do Porto, de Rinlo, a empresa adxudicataria foi Gestión Gratelu SL.”
O alcalde manifestou que “cando se fan obras molestamos sen ningún xénero de dúbidas. Intentamos minimizar as molestias e os ruídos, pero durante uns días, durante o tempo que se executan as obras, sen dúbida hai unha molestia, pero iso vese compensado porque despois o resultado é magnífico tanto para os residentes, que habitualmente viven alí, como tamén para o resto de veciñanza e de xente, que no casco histórico de Ribadeo e no conxunto de Rinlo, acude ano tras ano, e cada vez en maior número”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



