Ribadeo 12-11-18. Inclusiones18 é un proxecto artístico que nesta edición proponse como ambición o movemento das raíces: queremos dar luz a todas as persoas que cooperan con nós, afondando nas voces, nas melodías e nas forzas da creación escénica. O traballo en colaboración destes obradoiros nos que continuamos a traballar aspira a amosar a importancia das figuras sustentadoras que permanecen sempre ao noso carón. Neste senso, incluímos a participación das familias e das persoas próximas a situacións de diversidade funcional.
Como a diversidade é arte, estas diferenzas entran en xogo nos obradoiros a través de materiais abstractos e concretos, que van fertilizando en ideas para composicións escénicas e musicais, declamación de textos, cancións ou montaxe de esculturas. Todos os materiais actuarán de guías e apoios na representación que grupo fará o 30 de novembro no auditorio de Ribadeo, onde a creatividade e a identificación emocional estarán presentes enriba do escenario.
A Fundación Edes, a través do equipo específico do espectáculo e dos integrantes do seu colexio e finca ecolóxica, ensaia nestes obradoiros a construción das escenas dende o inicio ao peche do acto. Grazas a eles, nesta edición contamos coa presenza do gran escultor Herminio Álvarez: unha montaxe viva alimentará o proceso creativo na escena última da función. O sistema de creación sobre as táboas facilita a creación innata que queremos que os participantes dos obradoiros descubran en si mesmos: todos somos artistas.
Por iso, convidamos a participar a toda a Mariña Lucense e o occidente asturiano nos obradoiros-ensaios que están a preparar a posta en escena final. Cada venres ata o día do espectáculo, o equipo recibirá e ofrecerá pautas no auditorio de Ribadeo a todos os participantes que desexen facer consultas. Tamén estamos receptivas no enderezo electrónico inclusionesedes@gmail.com e na conta de Twitter @InclusionesEdes.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



