Burela 24-1-19. O radiofonista Marco Pereira Oliveira, estudante de Ciencias da Comunicación na USC, participará mañá xoves, ás 13:10 horas nun obradoiro de oratoria dirixido ao alumnado de 2º de ESO do IES Perdouro. O estudante invidente cursou o Bacharelato no IES Marqués de Sargadelos e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas no IES Perdouro. Precisamente a través das actividades extraescolares destes centros educativos, Marco Pereira interesouse pola participación na comunicación radiofónica tanto no referente á produción como á redacción e locución. Desde xaneiro de 2016 dirixe o seu propio programa en Radio Burela, o Grandes Voces do Noso Mundo, que desde 2018 é reemitido pola cadea de emisoras municipais Radio Fusión, por CUAC FM da Coruña, Radio Filispín de Ferrol e a Radio Internacional Lusófona do Brasil. Co apoio de Edilson Sanches Tavares, xoven de orixe caboverdiana que estuda Bacharelato no IES Monte Castelo de Burela, Marco Pereira prepara semanalmente un programa que inclúe 45 minutos de música cantada e un espazo de 15 minutos dedicados á conversa con grandes artistas como é o caso de Sés, Luar na Lubre, Davide Salvado, Doa ou Uxía Senlle.
No pasado mes de setembro, Marco Pereira Oliveira foi recoñecido co Premio Estudante Galeguista, galardón que lle foi entregado en Santiago de Compostela nun acto en que participaron o escritor Manuel Miragaia (en representación da entidade convocante, a ANG) e o profesor Xosé Ramón Pousa, decano da Faculdade de Xornalismo da USC






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



