Burela 26-1-19. O Alcalde de Burela, Alfredo Llano é o máximo responsable do caos que existe no Concello de Burela, pero non é o único. Para empezar, o concelleiro Ramiro Ferández e a exconcelleira Patricia Otero estiveron na gran maioría das mesas de negociación. É insultante escoitar ao Sr. Ramiro, gran sindicalista, dicir que os seus traballadores teñen que vir traballar cando lle faiga falta a él e que despois xa collerán algunha hora libre cando poidan. Non sabemos se quere que Alcoa faga o mesmo. É vergonzoso ver á Sra. Patricia Otero, que agora séntase no Parlamento de Galicia co nome do PSOE, reducir o prezo das horas extra á metade, mentres ela cobraba 14.000€/ano por media dedicación.
Pero non acaba aí a cousa. O Sr. José Díaz tamén cobra 14.000€ ao ano do Concello por media dedicación, mentres intenta que xente que cobra menos a tempo completo traballe todos os fines de semana ás horas que lle día a el gana.
E a Sra. Noelia Ben, tamén podería explicar por qué hai traballadores que prestan servizo no Concello de Burela facendo labores de limpeza cando non pertencen á empresa concesionaria do servizo. E de premio, máis cartos dos orzamentos para estes empresarios, porque iso de que son para os traballadores desas empresas non o cre ninguén.
E para non alargarnos, que xa haberá tempo, preguntarlles ao resto dos concelleiros do PSOE de Burela cómo é posible que aproben uns 60.000€ para fomento de emprego nestes catro anos e ao remate non gasten un so euro neste concepto. En qué gastaron estes cartos? Pero non din vostedes que son socialistas? Leron vostedes o programa co que se presentaron ás eleccións hai catro anos? Non enganen á xente. Vostedes son os que aproban nos plenos todas as mentiras do Sr. Alfredo Llano.
Por iso lles pedimos a todos os membros do grupo de Goberno do concello de Burela que recapaciten, que non se olviden que nas súas siglas está a palabra Obreiro, e que, especialmente os que cobran por estar no Concello, xustifiquen os seus soldos traballando na solución a este conflito, en vez de presionar, ameazar e empregar a algún traballador do Concello en tratar de buscar conflito. A situación cada vez vai a peor e isto pode ter consecuencias das que só vostedes serán os responsables. Tampouco nos acusen de ser partidistas. O PP, o BNG, Cidadáns e tódolos grupos políticos que pretendan gobernar o Concello de Burela terán que posicionarse máis cedo que tarde. De feito Cidadáns xa nos está apoiando nas nosas reivindicacións, porque son xustas.