A mesma Sala do Tribunal Supremo que rectificou a súa doutrina para impedir que os Bancos pagasen o Imposto de Actos Xurídicos das escrituras notariais ven de fixar xurisprudencia a respecto do uso do galego nas Administracións locais declarando a ilegalidade de determinados contidos da Ordenanza lingüística que o Concello de Lugo aprobara no 2012 por unanimidade de todos os seus concelleiros (entón do BNG, PSdeG e BNG).
A sentenza consolida unha interpretación restritiva da oficialidade da nosa lingua, consagrada no Estatuto e na Lei de Normalizacion Lingüística, segundo a que os usos oficiais do galego haberán ir sempre acompañados do uso da lingua castelá, mentres que o uso desta por si mesmo non requiriría o da nosa lingua. Un rol absolutamente subordinado que minoriza o galego, vulnera o dereito a vivirmos na nosa lingua e afástase da interpretación constitucional correcta consonte aos Tratados internacionais asinados polo Estado español, nomeadamente a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Velaí que, malia as dificultades que determinan o exercicio desta caste de acción xudiciais, o Concello de Lugo habería recorrer en amparo esta sentenza perante o Tribunal Constitucional e habería esgotar o preito, se cómpre, até o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, na percura dunha doutrina xurisprudencial europea dos dereitos fundamentais que integre os dereitos lingüísticos.
Verdadeiramente grave, dende os parámetros xurídico e político, é a confusión xudicial entre o dereito ao libre uso do castelán da cidadanía e das limitacións deste dereito nas relacións xurídicas de suxeición especial a respecto das persoas empregadas públicas e das empresas contratistas e concesionarias, que haberían ser gravadas cunha obriga de uso que agora se anula. Teñen os empregados públicos e os xestores dos servizos públicos un dereito a non usar o galego no prexuizo dos usuarios? É unha conclusión absolutamente desaquelada e regresiva.
Existe no noso País unha minoría supremacista (na que sobrancea a radicalizada organización que recorreu esta Ordenanza luguesa) que quere impedir o uso normalizado e oficial da nosa lingua. Unha minoría moi cativa, mais que inflúe de xeito substancial en determinados ámbitos da opinión, da política e da xudicatura e que conecta cunha importante corrente do nacionalismo españolista que quere reverter as moi tímidas melloras legais e sociais que acadou a lingua, a cultura e o autogoberno galegos nos últimos corenta anos.
Son momentos, pois, de reaxir e acadar amplos consensos para garantir máis galego e , sobre todo, pleno respecto aos nosos dereitos como falantes e utentes da nosa lingua propia.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



