Burela a 28 de marzo de 2019. Dende o sindicato nacionalista explican que a dotación SERGAS para o Centro de Saúde de Ribadeo é de 6 médicos/as pola mañá, 1 médica pola tarde, 6 enfermeiras pola mañá, 1 enfermeira pola tarde, 1 pediatra ademais de outras categorías sanitarias e non sanitarias.
CONSULTAS MÉDICAS E DE ENFERMARÍA PECHADAS.
“Hoxe xoves, atópanse pechadas tres consultas médicas e dúas de enfermaría, o mércores só había tres médicas e así practicamente todos os días dende fai máis dun mes ao non cubrirse as ausencias nin as baixas por enfermidade das traballadoras”, ratifican.
“A semana pasada quedaron só dúas médicas de familia para atender o cupo de seis e tamén o da pediatra xa que non foi cuberta a súa ausencia, algo totalmente inadmisible e que pon en perigo a saúde das persoas”, explican.
Advirten que o SERGAS tomou como norma que se faltan dúas médicas, non cubrilas e se faltan tres, cubrir unha das ausencias de cando en vez.
CONSULTA DE PEDIATRÍA.
O Centro de Saúde de Ribadeo conta cunha pediatra de familia para atender ás crianzas de Ribadeo e Trabada. Dende o 22 de marzo estará ausente até xoves 28 e non será cuberta mais que un día á semana durante catro horas.
ABANDONO DA ATENCIÓN PRIMARIA
“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual”, denuncian desde a central nacionalista, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña, que provoca frustración nas profesionais ao non poder adicarlle ao seus pacientes o tempo que consideran necesario para unha boa atención, sobrecarga asistencial e unha perda de calidade asistencial”.
“Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos e sinalan como únicos responsables a “incompetencia e abandono” na xestión do goberno galego, única causa que está a provocar o deterioro progresivo da calidade asistencial na Atención Primaria en Ribadeo e en toda A Mariña.
Dende a central nacionalista instan ao SERGAS a cubrir todas as ausencias no Centro de Saúde de Ribadeo e demandan ao presidente da Xunta unha “rectificación” das políticas sanitarias actuais e o cesamento do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, porque é “parte do problema”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



