A Mariña, a 24 de abril de 2019. Dentro do calendario de mobilizacións que a CIG está a desenvolver para esixir solucións inmediatas e definitivas á crise da industria electrointensiva, a central ten convocada unha concentración para este venres, 26 de abril, ás 13:30 horas, diante da fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao. Deste xeito, a CIG dá continuidade ás mobilizacións que dende o pasado mes de outubro vén desenvolvendo para esixir medidas que garantan a continuidade dos postos de traballo e da actividade produtiva e, nomeadamente, pola creación dunha tarifa eléctrica máis xusta, predicíbel e competitiva.
Na protesta tamén participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi, o Secretario Comarcal Antonio Niño e o responsábel da Unión Local da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro.
A protesta coincide ademais, coa data na que, segundo ten comprometido, o Goberno español aprobará o texto definitivo do Estatuto de Consumidores Electrointensivos, unha norma que debería recoñecer as especificidades desta industria e dotalas dun marco estábel e competitivo no relativo aos custes enerxéticos e que será fundamental para atopar unha solución ao peche de Alcoa. Porén, non deixa de resultar rechamante que o Goberno do PSOE agarde ao último Consello de Ministras/os e á véspera das eleccións xerais do día 28 para publicar estas medidas, malia o calendario correr de maneira fatal para os traballadores e traballadoras das fábrica de Alcoa na Coruña e Avilés, malia os EREs aplicados por Ferroatlántica ou a pesar de estarse cuestionando o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao.
Á espera de coñecer o texto definitivo, hai que lembrar que o proxecto de estatuto elaborado polo Ministerio de Industria non só resulta tardío e insuficiente para atallar a grave crise da industria electrointensiva -cunha especial afectación en Galiza e que para a comarca da Mariña constitúe un piar económico-, senón que mesmo dificulta unha solución efectiva para o sector. Ademais, permite que as empresas beneficiarias poidan destruír emprego e reducir a súa capacidade produtiva até nun 85% sen ter que devolver as axudas. Algo que a CIG considera un auténtico despropósito e que constitúe un exemplo máis da nefasta xestión política do Goberno español á hora de enfrontar a grave crise industrial.
A CIG ten elaborada unha proposta de tarifa dende outubro
Fronte a isto, a CIG ten elabora dende o pasado mes de outubro unha proposta de tarifa eléctrica para este tipo de industrias, que xa remitiu até en catro ocasións ao Goberno español, que trasladou á Xunta, aos grupos parlamentares, á patronal do sector, que presentou ao comisario europeo de Enerxía e que mesmo recibiu o apoio dos plenos dos concellos de Arteixo e da Coruña a través dunha moción. Non obstante, a CIG está sistematicamente excluída das mesas institucionais existentes sobre este asunto, tanto da que naceu en outubro con ocasión do conflito de Alcoa como na que existe na actualidade sobre a industria electrointensiva.
En liñas xerais, a proposta da CIG contempla liberar a tarifa das peaxes que non teñan unha relación directa co funcionamento do sistema eléctrico (primas ás renovábeis, os custes extrapeninsulares, os pagos por capacidade, a segunda parte do ciclo do combustíbel nuclear ou o déficit tarifario); e que este custe sexa asumido polos Orzamentos Xerais do Estado para que non repercutan na tarifa eléctrica que pagamos o resto de consumidores/as.
Así mesmo, a CIG defende que se contemple a máxima compensación permitida pola UE por C02, pois o propio comisario Arias Cañete recoñeceu durante a reunión coa CIG que o Estado español apenas gasta un 2% de todo o presuposto posíbel para esta tipo de compensacións. De igual xeito, co obxectivo de producir unha rebaixa xeral no prezo da electricidade que repercuta no funcionamento do sector, a central propón retirar do mercado maiorista (o chamado pool) as centrais hidráulicas e nucleares, que pasarán a cobrar por custes recoñecidos aprobados a proposta da CNMC.
Para acollerse a esta tarifa rebaixada, as empresas terán a obriga de facer inversións e melloras nos procesos produtivos para manter e ampliar o nivel de emprego directo e mellorar as condicións laborais recollidas en convenio.
Valor estratéxico do sector enerxético para Galiza
Non cómpre perder de vista o valor estratéxico que para Galiza ten o sector enerxético, tanto polo que representa no PIB como por ser factor relevante na produción industrial. Por iso para a CIG sería inconcibíbel que na nosa terra, estando espoliados os nosos recursos naturais, sendo grandes produtores e exportando o 40% da enerxía que xeramos, nos poidamos atopar nunha situación de peche definitivo da fábrica de Alcoa na Coruña, co desmantelamento progresivo das fábricas de Ferroatlántica ou coa posta en cuestión da continuidade das instalacións de Alcoa en San Cibrao.
A este respecto, a CIG critica tamén a pasividade do Goberno galego que durante todo este tempo estivo máis preocupado por criticar o que fai o Executivo español, que por encabezar a loita contra a perda de empregos e o tecido produtivo por culpa do prezo da enerxía, e para evitar que se consume o peche definitivo da fábrica de Alcoa da Coruña a partir do 1 de xullo.


























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.



