Burela 6-4-19. O Pescados Rubén Burela FS cumpriu esta tarde coa 23ª vitoria para seguir no cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo, fronte a un Majadahonda FSF valente que puido recortar a ampla vantaxe das mariñás de 0-4 ata o 3-4 en tan só dous minutos, na segunda parte. Con este triunfo, as Guerreiras Laranxas chegarán ao derbi con Futsi Atlético de Madrid da próxima semana encadeando 14 triunfos, para vivir o gran Clásico o sábado, ás 19.30 horas, pechando unha Tarde Laranxa que comezará con Pescados Rubén Burela FS-Noia Portus Apostoli (17.00 horas), soñando co ascenso a Primeira LNFS.
As pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon á perfección como encamiñar a cita. Alves, no primeiro minuto de xogo, xa asestou o golpe inicial, sen erro, co 1-0. Con dominio e ocasións claras, o conxunto galego ampliou a fenda no minuto 8, con Dany revolvéndose en zona de pivote. A bucina do descanso soou con 0-3, con firma de Peque, en contraataque.
A 7 burelista anotou o cuarto nos compases iniciais do segundo acto, aproveitando un erro de saída de balón das locais. Parecía que todo ía na boa dirección, pero o Majadahonda, sen baixar os brazos, acurtou distancias ata o 3-4 en tan só dous minutos: Sheilita, de falta directa no minuto 27, e no 29, Andrea, a pase de Elena Mateo, e Ele Sanmillán, nunha recuperación de Andrea. Entón, as Guerreiras Laranxas optaron por xogo de cinco para non deixar escapar a súa renda e sentenciaron a cita co definitivo 3-5 no minuto 35, de Cami.
Ficha técnica
Majadahonda FSF: Lauri, Andrea, Ele Mateo, Sheilita, Cels, cinco inicial; tamén xogaron Chili, Yai, Moni, Anita Duque, Ele Sanmillán, Jessica.
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Alves, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Cami, Popó, Cilene, Lara Balseiro, Luci
Goles: 0-1, minuto 1, Alves; 0-2, minuto 8, Dany; 0-3, minuto 19, Peque; 0-4, minuto 22, Peque; 1-4, minuto 27, Sheilita; 2-4, minuto 29, Andrea; 3-4, minuto 29, Ele Sanmillán; 3-5, minuto 35, Cami
Árbitros: Garro Arranz // Sánchez Martín (colexio madrileño). Por Burela, amarela a Cilene (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Granadilla.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
