Ribadeo 8-5-19. Sr. alcalde:
Dirixímonos a vostede por segunda vez tras a visita de varios membros do colectivo «Por nuestro faro» ao Concello de Ribadeo para examinar os informes sobre os apartamentos do faro de Illa Pancha. Como non recibimos resposta ao último correo onde se lle pedía aplicar o contido de ditos informes, e diante da inacción do Concello, quixéramos lembrarlle algúns dos parágrafos atopados nesos documentos asinados oficialmente polo director da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e reflectidos pola banda do Concello de Ribadeo no intercambio de correos. Velaiquí dous sinxelos exemplos :
«As condicións de ocupación do dominio público portuario, recóllense no título concesional, entre elas se atopa a obrigación do concesionario de permitir o acceso á illa ao público en xeral, en determinados horarios». Documento dirixido ao Concello de Ribadeo, e asinado electrónicamente por Alejandro Rey Seoane, director da Autoridade Portuaria, o 21 de xullo de 2017.
Ou, entre outros informes, este do Concello de Ribadeo dirixíndose o 9 de agosto de 2017 á Autoridade Portuaria e estabelecendo como conclusións :
“Primeira. Que debe quedar claro que o hotel ou establecemento turístico que nos ocupa na Illa Pancha debe ter acceso público libre conforme quedou sinalado anteriormente.
Segunda. Mentres non exista este libre acceso e ainda no ánimo de cumprir cos principios de colaboración entre Administracións, non se poderá informar favorablemente á comunicación previa da posta en marcha da actividade”.
Non nos extenderemos máis : vostede ben coñece os informes na súa posesión, e a mesma idea é recollida en polo menos 15 dos documentos consultados por este colectivo.
E evidente, diante desta lectura, que a illa debera estar aberta ao público en xeral dende o 1 de decembro de 2017, día no que o Concello deu a licencia de actividade, porque si o Concello otorgou a licenza era con esa condición. Non entendemos, nese contexto, por qué a illa segue pechada a tódolos ribadenses e á cidadanía.
Polo tanto, esiximos que se aplique de maneira urxente o que está estipulado nos informes e que a illa Pancha, patrimonio de tódolos ribadenses, sexa aberta ao público inmediatamente.
No caso contrario emplazamos ao señor alcalde a que explique ao pobo de Ribadeo a enorme contradicción entre a realidade e os papéis na súa posesión dende hai ano e medio.
Atentamente:
Covadonga Suárez Martínez, colectivo «Por nuestro faro»



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



