Lugo, 8 de maio de 2019. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Representante da Asociación Correlingua, Manuel Muñíz Besteiro, participaron, este mércores nos actos da décimo novena edición do Correlingua na cidade de Lugo. O evento, co que colabora o Organismo Provincial, mobilizou a máis de 1.200 estudantes de 20 centros da provincia co fin de promover o uso do galego. Este ano o Correlingua 2019 arrancou baixo o lema O galego é a fórmula.
Santos Ramos sinalou que “dende o Goberno da Deputación, apoiamos estas iniciativas que fomentan o uso e o apoio ao galego. É un pracer ver a tanta xente nova implicada na defensa da nosa lingua, e ao mesmo tempo das nosas tradicións e da nosa cultura. Esta edición do Correlingua reuniu a 1.200 participantes, o que deixa entrever o éxito desta programación”.
O obxectivo destas actividades é favorecer a situación da nosa lingua e activar accións a prol dela, contribuíndo a través dos rapaces e rapazas a importancia de falar galego e implicándoos na súa defensa. A carreira, que se levou a cabo durante a mañá, recorreu a Praza de Santa María, Porta de Bispo Aguirre, Porta de Campo Castelo, Praza Maior e unha volta á Muralla.
O Correlingua
É unha actividade escolar que se realizou ao longo de todo o curso. Iniciouse no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos nos que o alumnado reflexionou sobre a situación do noso idioma e creou os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



