Cervo, 13 de xuño de 2019.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, porá en marcha este verán unha nova edición do programa Avívate en Cervo dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos.
A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “a actividade tivo unha gran acollida nas dúas primeiras edicións polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laborar cada vez máis competitivo”.
Neste senso, a actividade principal será o curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 1 xullo ata o 12 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas. O programa complétase cun obradoiro de motivación empresarial emocional, un taller de cociña biosaudable, unha xornada de ioga impartida por unha especialista no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha visita á Escola Infantil Municipal para coñecer o seu funcionamento e cun xantar de convivencia para todas as persoas asistentes.
As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 28 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello. As prazas son limitadas.
Caramés animou a todos os mozos e mozas a participar e sinalou “que coa experiencia das dúas últimas edicións podemos dicir que este programa pode ser un bo complemento formativo e un apoio importante para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



