Foz 30-6-19. O novo Goberno de Foz xa ten perfilada a súa estrutura de áreas delegadas para afrontar o novo mandato encargado polo pobo nas pasadas eleccións municipais.
Logo de quince días dende a toma de posesión da nova corporación e dunha fase de aterrizaxe na realidade municipal cunha amplia ronda de contacto cos traballadores do concello e recibindo a todos os cidadáns que o solicitaron vaise a comenzar unha nova fase na que a acción de goberno centrarase nos seus obxetivos programáticos.
O equipo de goberno quere agradecer a excelente disposición dos traballadores municipais nesa encomiable labor de poñer o municipio ao día.
Ademais disto quérese lanzar unha mensaxe de tranquilidade e confianza a todos os veciños e veciñas de Foz dado que os cambios tenen os seus tempos e moi pronto veranse os seus froitos.
Estrutura do novo Goberno de Foz:
Fran Cajoto: Alcalde. Fran Cajoto. PSOE. Obras, urbanismo, servizos, seguridade cidadá e facenda.
Pertence á Xunta de Goberno
Primeiro tenente alcalde. Xavier Fanego. Bng. Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural, Mar.
Pertence á Xunta de Goberno
Segunda teniente de alcalde. Inés López Couto. PSOE. Ostenta as competencias de alcaldía en ausencia deste. Emprego, Innovación e Admon Electrónica, Transparencia. Pertence á Xunta de Goberno.
Concelleiro. Héctor Moris. PSOE. Cultura, Educación, Festas. Pertence á Xunta de Goberno
Concelleira. Ana Rojo. PSOE. Asuntos Sociais e Familia. Pertence á Xunta de Goberno.
Concelleiro con delegacións especiais. Chema Linares. PSOE. Comercio, Turismo e Actividades Económicas.
Concelleiro con delegacións especiais. Carlos García. PSOE. Relacións Institucionais e Comunicación
Concelleira con delegaciones especiales. Verónica Peña. PSOE. Muller, Igualdade e Inmigración.
Concelleira. Gemma Méndez Leivas. BNG. Deportes e Xuventude. Pertence á Xunta de Goberno.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



