Burela, 30 de agosto, 2019. Os laranxas golearon onte ao Begonte FS (2-11), de Preferente, na primeira eliminatoria de XXIX Copa Galicia e mediranse xa en oitavos o sábado ao Ribeira FS, de Segunda B, que tamén se impuxo a Prone, nos penaltis (1-1). O municipal de Lugo acollerá a cita mañá ás 18.00 horas.
“Foi un moi bo test de adestramento ante un rival que quixo expoñer e xogar. Puxemos en práctica moitas cousas que levabamos preparadas; ese era o obxectivo do partido” explicaba o técnico mariñán, Juanma Marrube, que espera para a seguinte rolda “un encontro diferente ao de onte, pola superficie da pista, ante un equipo dinámico e moi ben traballado que acaba de ascender e co que nas últimas tempadas sempre nos medimos nalgún amigable”.
Ficha técnica:
Begonte FS: Ansede, Villegas, Brais, Jove, Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Sergio, Borja, Freire, David, Astray, Fran, Xico
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Everton, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, R. Vargas, Matamoros, Juanfran, Amoedo, M. Kaluza
Goles: 0-1, minuto 5, Juanfran; 0-2, minuto 5, Matamoros; 0-3, minuto 8, Renato; 0-4, minuto 16, Renato; 0-5, minuto 21, Renato; 0-6, minuto 21, Amoedo; 1-6, minuto 22, Borja; 1-7, minuto 26, Everton; 1-8, minuto 31, R. Vargas; 1-9, minuto 34, R. Vargas; 1-10, minuto 35, Everton; 1-11, minuto 37, Juanfran; 1-12, minuto 38, Ansede























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
