Están en voga as políticas activas de emprego, o Señor Iglesias sabe o que son e sabe o que valen, non é un tema menor que sexa fillo de asesores sindicais.
Chega con que collades unha das vosas nóminas para saber que estamos a falar dun importante e suculento anaco da tarta da xestión do goberno. No apartado de descontos da nosa folla de salario, ven moi claro un pequeno desconto mensual “cotización formación profesional empresa” ou algo similar. Son uns poucos euros pero son moitos traballadores e moitos meses, esa é a fonte principal das políticas activas de emprego, a que se lle suman fondo europeos e tamén partida creadas ad hoc nos orzamentos que en 2019 son 6.000 millóns de euros en total.
Tamén as comunidades autónomas teñen fondos e competencias, a coordinación dos mesmos faise en mesas de dialogo que se bautizaron algunha vez como fundacións tripartitas: estado-comunidades, sindicatos e patronal.
A súa xestión, a proposición de medidas e a posta en marcha de planes formativos constitúe un potente lobbie de relación fluída entre sindicatos, patronal e goberno. Tamén é unha importante máquina de xestión publicitaria e conta con unha rede de promoción política moi potente: as oficinas de emprego, e Podemos sabe de que vai todo isto.
Falta aquí saber cal é a proposta de Podemos na materia, busquei no seu programa electoral de 2019 e solo existe unha referencia a estas políticas. Unha proposta en relación a que se teña en conta a experiencia profesional no estranxeiro das persoas retornadas, si me permitides, unha pequena parvada política, supoño que o empresario xa mira o currículo de quen contrata, do resto nada, nin unha sola medida nova e nin sequera referencia ao actual e mellorable sistema.
Da que pensar que nun documento de 150 páxinas soamente se citen esta cuestión unha vez, e da máis aínda que pensar que sexa isto o que bloquee a formación de goberno. Entón para min está claro que a postura de Podemos non é programática nin coherente tampouco clara coa xente é pragmática e partidaria o que lles interesa é manexar este lobbie de relacións entre axente sociais, para ao final facer política clientelar.
Por outra banda supoño que a UGT fai toda a presión posible no PSOE para que isto non aconteza, sabe da relación de UP con CCOO. 6.000 millóns teñen a culpa, o resto é teatro.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.