Mondoñedo, a 3 de outubro de 2019.- O Concello de Mondoñedo organiza a segunda xornada formativa de aplicación de drons á Horta de Mondoñedo. Desenvolverase este venres, día 4 de outubro, no IES Plurilingüe San Rosendo.
Con esta iniciativa, impulsada pola entidade local, en colaboración coa Xunta de Galicia, os alumnos de dito centro educativo poderán completar a formación que cursan diariamente nos distintos ciclos de Formación Profesional relacionados coa materia. Concretamente, segundo apuntan dende a organización, os estudantes recibirán formación teórica e práctica do uso destes dispositivos (UAV-Drones) para os sectores da agricultura e forestal, e para a erradicación de pragas como a velutina.
A alcaldesa da localidade, Elena Candia, agradece a participación dos expertos, así como a colaboración da administración autonómica. “Estou convencida de que será un encontro moi positivo dende o punto de vista da formación que xa ofrecemos no noso IES”, apunta. Neste senso, a rexedora convida aos estudantes a participar activamente nas conferencias, sobre todo, porque serán impartidas por “grandes especialistas” no uso destes dispositivos que, cada vez, están a ter unha maior aplicación para o desenvolvemento dos sectores agrícola e forestal. “Sabemos que na I+D+I está o futuro, así que agardo que a iniciativa sexa todo un éxito para que dende o Concello sigamos pensando en novas edicións”, destaca.
Programación
A inauguración será ás 10:00 horas e correrá a cargo da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e do director do IES, Carlos Iglesias. Ás 10:15 horas, técnicos da empresa Ingeniería Insitu disertarán sobre o uso dos drons para a agricultura e súa aplicación para control dos cultivos. Seguidamente, ás 11:00 horas, especialistas de FORTOP explicarán a utilidade destes aparellos para a fumigación. A xornada concluirá cunha última charla a partires das 12:00 horas. Neste caso, serán os técnicos de WT DRONES SOLUTIONS SL os que exporán o manexo dos drons para a agricultura e o sector forestal, así como para o control de pragas como a velutina.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



