Burela, 22 de outubro de 2019. Na axenda cultural para a vindeira fin de semana en Burela figura a actuación de Sergio Pazos que presentará o seu novo espectáculo Afiando con humor. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:30 horas. O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra o vínculo que o actor ten con Burela desde que fora pregoeiro da Feira do Bonito. O prezo da entrada será de 5 euros. Ademais o domingo ás 20:00 horas o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá unha actuación na Casa da Cultura titulada O cantar da nosa lingua, con entrada de balde.
O edil de Cultura, José Díaz, contou que “esta fin de semana temos dous eventos que penso que poden resultar interesantes para a nosa xente, ambos no auditorio. O primeiro deles é a actuación de Sergio Pazos o sábado, día 26, a partir das oito e media. Este novo espectáculo chámase Afiando con humor. Sergio Pazos xa estivera o ano pasado e agora trae esta nova montaxe. As entradas estarán á venda o proio día da función unha hora antes, a partir das sete e media, ao prezo único de 5 euros”.
O concelleiro burelés agarda que “haxa moita xente porque ademais Sergio Pazos ten un vínculo importante con Burela, sobre todo no que se refire á Feira do Bonito, dende que fora pregoeiro no 2017 estivo sempre na feira e axudounos moito a que Fernando Romay fora o pregoeiro no 2018. E finalmente conseguiuse a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. O papel de Serxio Pazos creo que foi moi importante á hora de promocionarnos a través das súas redes sociais e participando en todos os eventos paralelos á Feira do Bonito como o certame de pintura Amarte e Produart. Agora creo que dalgunha maneira podemos agradecerllo estando no auditorio e asistindo ao seu espectáculo”.
José Díaz engadiu que “o domingo 27 temos un concerto do Coro do Hospital de Lugo que se formou neste centro hai algúns anos. É moi interesante que un hospital tamén teña dentro unha rama cultural que se dedique neste caso á canción coral. Eu escoitei algo deles a través de redes sociais e a verdade é que o fan moi ben e merece a pena asistir o domingo, ás oito da tarde, a este concerto que vai ser gratuíto”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



