Un amigo fíxomo notar: o regulamento orgánico municipal xa pasou o período de alegacións. O de Barreiros. Como nos papeis non saiu nada de que tivera alegacións, se é así, debera entrar en vigor de xeito automático. Coido que é bó comparalo con outros, como co que se pretendía aprobar en Ribadeo hai case unha década.
No ata o momento borrador inicial, xa na primeira páxina aparece “asegura a participación veciñal nos asuntos locais e permite avanzar cara a unha democracia verdadeiramente participativa e centrada na veciñanza” como aviso que se concretará máis tarde. Na segunda páxina avisa de que esa participación veciñal pode ter un desenvolvemento complementario, a pesares de que as liñas fundamentais están trazadas xa, algo no que tamén se insiste na terceira páxina.
Xa na páxina dez, aparece “Unha vez rematada a sesión, a Alcaldía poderá abrir unha rolda de intervencións por parte do público asistente, de conformidade co que dispoña o Regulamento de participación veciñal.” É dicir, algo parello ó que se conseguiu hai preto de quince anos en Ribadeo, pero cunha diferencia fundamental: mentres en Ribadeo hai que propoñelo por escrito e logo, unha vez se esquecía, outra se pospuña, outra non se contestaba, etc, e pouco a pouco foi decaendo o seu uso, en Barreiros, en principio, poden intervir os presentes no pleno. Claro que iso non evita que poda haber desplantes por parte dalgún concelleiro -ó fin, a sesión xa rematou-, como ten pasado en Ribadeo.
Todo o título V do regulamento trata do ‘Estatuto das veciñas e veciños’, comezando polo artigo 50, ‘Da participación veciñal’, que no seu apartado segundo axusta o ‘normal’: “Son dereitos básicos da veciñanza os de información, participación e asociación.” E, no cuarto, “O Concello promoverá a democracia participativa e a implicación activa da poboación na vida municipal. Nomeadamente, o Concello poderá regular as iniciativas populares, así como a participación veciñal na definición dos obxectivos e das actuacións recollidas nos orzamentos municipais.” É dicir, impón como misión ó concello a dinamización da participación veciñal. E iso sí é unhanovidade a remarcar e non esquecer.
O artigo 52 trata da participación veciñal no pleno, e o 57, da participación das asociacións nas sesións do Concello. Neste último, no seu apartado segundo, aparece “As entidades asociativas poderán presentar para o seu debate no Pleno, iniciativas populares que recollan propostas de actuación dentro do ámbito municipal.” É dicir, as asociacións, de xeito directo, no pleno, non despois, e como se detalla máis adiante.
Por último, no 58, xa na última páxina, fala “Dos Consellos parroquiais e/ou sectoriais e outras formas de participación directa colectiva”, potenciando así a colaboración nas parroquias e sectorial.
Non se ve no de Barreiros a presencia das empresas moito por riba da cidadanía, como ocorría no de Ribadeo, ou o evidente corta/pega daquel de hai dez anos.
Perfecto? Por suposto que non: nada vivo e cambiante pode ser perfecto, e este regulamento parece nacer para estar vivo e ser aplicado. Mais a diferencia co regulamento de participación proposto noutros lugares -por exemplo, no seu momento para Ribadeo- aínda nunha ollada rápida como esta, é palpable. Así pois, un punto máis a considerar para seguir a pensar no concello que queremos. E para lembrar que a promoción de la participación cidadá na toma de decisións no económico e no social son unha prevención para a corrupción e un estímulo á eficacia, algo de necesidade nestes tempos que corren.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



