Burela, 14 de novembro de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, denunciou a falla de planificación do Goberno de Feijoo coas obras no CEIP Virxe do Carme de Burela . “Xa que a dia de hoxe as alumnas e alumnos dente centro educativo están padecendo a total falla de planificación e o abandono do Goberno de Feijoo nas obras do Colexio”. Avanzou que o Grupo Socialista rexistrará novamente iniciativas parlamentarias para coñecer que é o responsable do estado do centro educativo.
“Hoxe chove dento do centro, sen que ninguén se faga responsable desta situación. E os únicos que están sufrindo estas inclemencias son os propios alumnos que teñen que estudar nesta situación lamentable”, advertiu Otero.
A secretaria provincial lembrou ademais “que o inicio de curso en educación infantil e primaria na provincia de Lugo tivo moitas incidencias, concretamente na Mariña lucense, cando a Xunta confirmou que os tres colexios da comarca onde se están levando a cabo obras de reforma integral e mellora da eficiencia enerxética —os CEIP Nº 1 de Foz, o Virxe do Carme de Burela e o de Cervo— que empezarían as clases o próximo día 11. E hoxe novamente volvermos a denunciar que a actividade no Virxe do Carme de Burela non é a correcta”, insistiu.
Ante este panorama Otero replica que “hai unha irresponsabilidade total por parte do Goberno de Feijoo e do PP, xa que poden poñer en risco a seguridade tantos dos alumnos como dos docentes”, advertiu.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



