Lugo, 14 de novembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo, Mauricio Reppeto Morbán, a presidenta de SERAGRO, Noelia García Santoalla, e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Perna, inauguraron este xoves no Auditorio da Facultade de Veterinaria as XVII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que rematarán mañá. A Deputación colabora con esta cita, que reúne a preto de 800 participantes, cunha achega económica de 15.000 euros.
Tomé Roca destacou que o organismo provincial colabora con este foro “porque contribúe a afrontar os retos e problemáticas comúns dos gandeiros e gandeiras. O coñecemento e experiencias que se expoñen mellora a competitividade das explotacións, o benestar dos animais e a calidade do produto. Polo tanto, axudan a avanzar cara un sector dinámico e sostible”.
O Presidente subliñou o compromiso da Deputación co sector primario, que, tal e como lembrou, é unha das principais liñas de actuación dos Orzamentos para o 2020 nos que está a traballar o Goberno provincial. Deste xeito, a institución potenciará o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, que ten a día de hoxe 1.200 becerras de 50 explotacións da provincia, e continuará coas obras de construción da Granxa Experimental de Leite, un centro de investigación impulsado en colaboración co Campus Terra con 3,5M€ de investimento que poderá entrar en funcionamento a principios do ano que vén.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



