Burela, 15 de novembro, 2019. Dende BURELASEMPRE, queremos manifestar e clarificar os seguintes puntos:
O feito de que este domingo haxa que repetir as eleccións locais nesta mesa concreta, é por que o T.S.Xustiza de Galiza así o ordeou a Xunta Electoral Central.
Tal feito está motivado, porque as papeletas que foron declaradas nulas nesa mesa non foron remitidas á Xunta Electoral de Mondoñedo.
BURELA SEMPRE, con esta repetición electoral ten o mesmo obxetivo que nas pasadas eleccións do mes de maio, CONSEGUIR QUE OS VECIÑOS DE BURELA TEÑAN VOZ PROPIA NO PLENO MUNICIPAL sen dependencia de ningunha sigla política.
BURELASEMPRE, só ten como obxectivo, escoitar os problemas diarios dos veciños de Burela, e buscar solucións para os mesmos.
BURELASEMPRE, non nace en busca de ningún sillón, nin contra ninguén, e a favor de mellorar a calidade de vida dos veciños de Burela, no seu aspecto social, de emprego, industrial e potenciar o noso turismo.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



