Lugo, 19 de novembro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión Territorial, presentou este martes en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Viabilidade Invernal despregado polo organismo provincial para a temporada 2019-2020. Tomé Roca resaltou a importancia de contar cun protocolo destas características para “facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible ás incidencias que se poidan producir na rede viaria provincial, a máis extensa de España, tratando de garantir a comodidade e seguridade dos usuarios e usuarias fronte a episodios de meteoroloxía adversa”, explicou.
O titular da administración provincial detallou que, “xunto cos recursos propios da Deputación, no Plan de Viabilidade Invernal traballarán 7 empresas cunha ampla experiencia na resolución de incidencias viarias causadas pola neve e o xeo”. En concreto, Tomé Roca explicou que o dispositivo está composto por 112 operarios e 64 máquinas, ademais de 12 silos que temos por toda a provincia e que dispoñen de 420 toneladas de sal de mina”.
O Plan Invernal divídese en 8 zonas, todas dotadas con medios suficientes para facer fronte coas maiores garantías posibles ás emerxencias que poidan xurdir. “A rede viaria provincial é a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros de estradas e deles, a metade están situados a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, co que iso supón de maior incidencia das inclemencias meteorolóxicas”, indicou o Presidente.
Durante a súa intervención, Tomé Roca fixo balance da temporada pasada. “Segundo os datos do servizo de Xestión Territorial da Deputación, o operativo realizou máis de 600 intervencións, tanto preventivas como paliativas, o que supón un aumento do 600 % con respecto a temporada anterior”.
Apoio aos Concellos
O Presidente da Deputación explicou que o Plan Invernal leva consigo poñer a disposición dos Concellos da provincia sal de mina para que poidan atender os problemas que se produzan nas estradas municipais debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Tomé Roca explicou que con esta iniciativa “garantimos non só que as vías provinciais se manteñan limpas e fóra de risco, senón tamén que os Concellos poidan afrontar situacións de emerxencia ou causas sobrevidas en calquera estrada subministrándose dos silos que a Deputación ten por todo o territorio provincial”.
Estes depósitos atópanse en Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Cada un destes almacéns dispón nestes momentos de 30 toneladas de sal de mina, isto é, dun total de 420 toneladas.
Todos os Concellos que precisen abastecerse de fundentes por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao Coordinador de Emerxencias da Rede Viaria Provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.
Durante a presentación, o Presidente estivo acompañado do Alcalde de Pedrafita do Cebreiro e Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magdalena, da voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, dos deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; de Participación Cidadá, Roberto García Pernas; de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias Fernández; e de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico; ademais dos alcaldes de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, A Fonsagrada, Carlos López López, Navia de Suarna, José Fernández Fernández, e Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereira.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



