Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión máis lixeira, como se estiveran misturados pais e nais, pero ningún deles participara como obxecto da ordenación constitucional, como pobo, que sería inexistente entón a non ser como súbdito.
Por outra banda, iso faría da Constitución, para nós, o pobo, unha especie de ‘nai adoptada’ a traverso dun referendo no que terían pasado gatos con lebres e que mesmo despois da adopción tería cambiado -estabilidade orzamentaria e primacía do pago da débeda por riba dos dereitos constitucionais dos cidadáns-. Por certo, cousa curiosa cando se ningunea ou mesmo aplasta ó pobo que pide cambios na ‘carta magna’, impedíndolle dicir nada sobre o cambio. Así, de nai adoptada, continuando coa semellanza, pasaría a ser unha figura como de ‘nai bastarda’, relacionada só indirectamente co pobo. Na súa redacción, a traverso de representantes designados por poderes anteriores, e na súa variación, a traverso de representantes votados por votación indirecta (e para outras funcións). Esa consideración iría a tono coa non aplicación de artigos, ignorados na vida diaria con fórmulas que ‘os reservan’ para cando o permitan as prioridades de quen mande no momento, despois de ser a constitución a lei que ten primacía. O mesmo pasaría coa interpreatación de dereitos por parte de a quen, non só non lle son necesarios eses dereitos por poder exercelos por outros medios, senón que mesmo pode ir en contra da xeralización dos dereitos recollidos no texto, conservando así privilexios e polo tanto, avantaxes en relación ó resto, en relación ós realmente ‘súbditos’.
Aínda máis, a existencia de lagoas temporais entre constitucións antigas e moderna constitúe un período de orfandade que en teoría terían enchido as ‘Leis do Movemento Nacional’ e o ‘Fuero de los Españoles’ como a principal entre elas. É dicir, o oco tería quedado supostamente cheo coa xeralización a todo o pobo dunhas normas que unha parte moi concreta de poderes tería ditado pensando en si: as leis internas dos vencedores, para todos.
Cerrando o tema: e o rei? Pois foi metido co resto ante a reiteración da resposta nas enquisas: un referendo sobre a monarquía teríao perdido de xeito aplastante no seu momento como confesou anos despois Adolfo Suárez.
E, mentres as nais liberan ós fillos á maioría de idade, iso non se da co pobo, ó parecer, menor de idade polos séculos dos séculos. Nese caso, que tal se adoptamos outra ‘nai’?




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



