Xove, 03 de xaneiro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e do presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, Vidal Martínez-Sierra, visitaron esta mañá a pensión rural Lugar das Marías, que foi beneficiaria dunha axuda da medida Leader por importe de 120.900 euros na convocatoria de 2019.
Estes fondos destináronse á rehabilitación da antiga casa patrucial familiar e á súa adaptación para o novo uso como pensión rural de tres estrelas. O inmoble conta con catro habitacións dobres e un estudo con cociña para tres persoas dentro da súa oferta de aloxamento.
O establecemento está dedicado “ás Marías”, á muller galega. De feito, as habitacións temáticas levan o nome de mulleres ilustres: a pintora Maruja Mallo, a actriz María Casares, a activista María Miramontes é ás Marías da Alameda de Santiago, Maruxa e Coralia. Finalmente o estudo honra a Presenta, a avoa da actual propietaria.
A promotora contou tamén co apoio do programa Emega, da Secretaría Xeral da Igualdade, cunha achega de 8.000 euros adicionais con cargo á liña Emprende, que apoia a nova incorporación ao mercado laboral por conta propia, como xerente deste establecemento turístico temático.
O delegado puxo en valor tamén a innovación presente neste proxecto de aloxamento temático, así como a súa preocupación polas novas tendencias de consumo, xa que ofrece unha experiencia de turismo slow e de natureza, pois o pensión dista poucos metros da ruta de sendeirismo dos Muíños, que transcorre pola ribeira do río Rigueira.
A iniciativa tamén introduce novos servizos moi demandados polos consumidores máis esixentes, como o respecto do medio ambiente (con uso de equipos como a caldeira de biomasa, dispositivos de control de consumo enerxético e da auga) e a aposta por alternativas sostibles, para procurar dar un valor engadido ao seu produto e mellorar así, a súa competitividade.
Nova convocatoria
Nesta visita Balseiro destacou a importancia das achegas da Consellería do Medio Rural a través da medida Leader para dinamizar o rural galego, tanto a través de proxectos produtivos -caso deste de Xove- como non produtivos, en ambos casos xerando riqueza e emprego no rural.
Balseiro lembrou que hai só uns días o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das subvencións para a execución de proxectos do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
Nese senso, lembrou que ata o vindeiro día 31 de xaneiro os interesados nas axudas da medida Leader poden presentar os proxectos aos Grupos de Desenvolvemento Rural correspondentes. Os GDR son os encargados de xestionar estas subvencións, que nesta convocatoria contan cun orzamento superior aos 6,6 millóns de euros, cofinanciados polo Feader.
“Son achegas fundamentais para dinamizar o noso rural, polo que animo a aproveitar estes recursos en beneficio da creación de riqueza e emprego no agro”, concluíu o delegado.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



