Viveiro, 21 de xaneiro, 2020. O BNG de Viveiro recórdalle ao Goberno Municipal do PSOE, que segue sen pór en marcha as medidas aprobadas no pleno de setembro de 2019 propostas polo BNG na súa moción para protexer e revitalizar os cascos urbanos de Viveiro. Medidas que, segundo criterio d@s nacionalistas son, aínda que non únicas, “imprescindíbeis se queremos que Viveiro sexa unha vila habitábel, saudábel, segura, integradora e limpa”, apuntou a súa portavoz municipal, Míriam Bermúdez.
A concelleira nacionalista asegurou que: “a elaboración da ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica e Actos Incívicos na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas dos cascos “zonas acústicamente saturadas” para intervir na mellora da calidade acústica medioambiental nas mesmas, unha das sete medidas propostas polo BNG e aprobadas en pleno, é vital para regular unhas normas básicas de convivencia e respecto entre a comunidade veciñal, o que evitará graves perxuízos na calidade de vida e saúde d@s residentes dos cascos para que este problema de convivencia non continúe expulsando @s veciñ@s destas zonas residenciais, provocando que os cascos do concello esmorezan pouco a pouco ao ir ficando sen habitantes e coas casas baleiras e abandonadas, tal e como está a suceder no casco de Viveiro, como tamén nos cascos de Celeiro e Covas.”
Polo que desde o BNG emprazan á alcaldesa a presentar nos vindeiros días unha proposta en firme da Ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica e Actos Incívicos de Viveiro, posto que de nada ou moi pouco serve que se convoque unha liña de subvencións se a veciñanza non pode vivir segura e tranquila na súa vivenda. Subvencións, como ben anunciou a alcaldesa, para a rexeneración e renovación urbana no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2018-2021, á que se poden acoller os propietari@s das vivendas do casco histórico de Viveiro. Axudas que desde logo no BNG valoramos positivamente e desexamos ademais, que esta nova convocatoria facilite á veciñanza a súa participación animando aos posíbeis beneficiari@s a acollerse a este programa en moita maior medida que nas anteriores convocatorias, cuxos prazos de presentación tiveron que ser ampliados polo Concello de Viveiro debido ao escaso número de solicitantes.
Desde o BNG recordan que as outras seis medidas aprobadas polo pleno da proposta do BNG para evitar que os cascos urbanos de Viveiro se convirtan en cascos decadentes, sen vida e sen dinamismo, e que a día de hoxe seguen sen poñer en marcha desde o Goberno Municipal do PSOE son:
*Promover e facilitar a apertura de negocios que desenvolvan actividades comerciais e económicas compatíbeis coa habitabilidade dos cascos.
*Planificar e ordenar os usos dos edificios dos cascos.
*Dotar a Viveiro de espazos culturais que garantan que a veciñanza de todas as idades poda disfrutar da música nos locais adaptados para tal uso.
*Habilitar espazos públicos, coa protección e vixiancia necesaria, para as xuntanzas de esparcemento da mocidade.
*Pór en marcha campañas de concienciación da mocidade do uso responsábel dos espazos públicos.
*Publicación na páxina web do concello da listaxe de locais de hostalería autorizadas e tipos de licencias concedidas (bar, cafetería, café, restaurante, café-bar especial, pub…) para darlle máxima transparencia das licencias outorgadas aos locais de ocio nocturno.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



