Foz, 2 de marzo de 2020. En Mans salgadas, mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus oficios. No proxecto quíxose poñer énfase nos traballos vinculados ao mar na vila mariñeira de Foz, especialmente aqueles con protagonismo feminino, comunmente infravalorados e que, co paso do tempo, ficaron nun segundo plano, desapareceron ou deron nunha mudanza necesaria: a actividade nas conserveiras, a recollida da olga, o arranxo das redes… Un motivo de orgullo para o noso Concello que a nosa rapazada gabe a enorme labor das nosas mulleres e nesta ocasión o Concello de Foz quere poñer en valor o traballo delas e o das alumnas.
O proxecto da curtametraxe Mans salgadas, realizada por alumnado de 3º ESO e 1º BACH do IES de Foz (Rosa Martín, Marta Rega, Uxía Rodríguez, Eva Martínez, Carla Neira, Iria Araúzo, Manuel Menacho, Carla Palmeiro e Diana Rodil -alumna do IES San Rosendo-), resultou premiado no Concurso de Proxectos Audiovisuais Vidas Mariñeiras 2018, un programa de formación audiovisual para o coñecemento da contorna a cargo do GALP (Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal).
O vindeiro día 7 de marzo as 12 hs. no CENIMA de Foz compartiremos coas autoras e as protagonistas, unha xornada previa a conmemoración do 8M.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



