Lugo, 4 de marzo 2020. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, participou este mércores no acto de entrega do IV Concurso de Traballos Fin de Grao de Enxeñaría e Muller Rural que organiza a Escola Politécnica Superior do Campus Terra para conmemorar o Día Internacional da Muller 2020.
Loureiro deulle os parabéns ás persoas galardoadas e eloxiou esta iniciativa, “que contribúe de xeito tan significativo dende o eido universitario ao empoderamento da muller no rural e, con elo, á igualdade e tamén á loita contra o despoboamento”.
Neste sentido, a Deputada explicou que dende a Deputación “cremos que as mulleres debemos xogar un papel fundamental no desenvolvemento económico do territorio e tamén para frear a grave caída demográfica que está a sufrir o rural da nosa provincia. Para conseguilo, é imprescindible o acceso, en igualdade de condicións, á formación e ao mercado laboral”.
Ademais, a Deputada referiuse á pequena representación feminina que hai hoxe en día nas titulacións técnicas que se estudan na universidade galega. “En Galicia, só menos do 25% do total do alumnado matriculado en titulacións técnicas son mulleres e a tendencia é preocupantes porque hai só uns anos, a súa presenza era de preto do 37%”, destacou. María Loureiro, incidiu en que “por iso, son tan importantes iniciativas coma este concurso de traballos de fin de grao da Escola Politécnica, para rachar estereotipos e visibilizar á muller nuns estudos universitarios e un campo profesional, a enxeñaría, no que aínda se dá un forte desequilibro entre mulleres e homes”.
Pola súa banda, a Deputada puxo en valor os programas que a institución provincial ten en marcha nesta materia, como “os Faladoiros Feministas, un espazo de reflexión para conectar o feminismo coa cidadanía; Referentes Galegas nas Aulas, que busca dar visibilidade na Educación Secundaria a modelos femininos en diferentes campos profesionais, e o proxecto Xira Mulleres, que vimos de presentar, co fin de dar ferramentas ás mulleres do rural para ter novas oportunidades laborais. Programas cun obxectivo común: seguir dando pasos adiante cara a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres dende a divulgación, a formación e a educación”.


















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



