Literalmente, ese era o título dunha nova do 28 de febreiro nun xornal. Como soe ocorrer outras moitas veces, o texto en letra máis pequena detallaba abondo mellor a nova. O título só pretende ser máis impactante, nin explicación concentrada nin a nova encapsulada nunha pílula.
O caso é que estimo que é o título o que pode ilustrar abondo ben o fondo do proceso de baleiramento de amplas zonas xeográficas en España, Galicia incluída. Nel, no título, van metidas moitas ideas xuntas. Ideas como a separación en dúas ‘Españas’ contrapostas, a baleirada e por contraposición a ‘enchida’, o feito do desaloxo do que antes estaba cheo ou que se trata dunha loita, non dunha aproximación ou colaboración para solucionar algo de xeito conxunto.
Parece que o foco do título estaría posto en que amplas zonas de territorio non só están baleiras, senón que foron baleiradas (e seguen a baleirarse). Coido que habería que desprazar ese foco a que esas zonas teñen un modelo vital desfeito por un sistema capitaneado por forzas que emanan das concentracións de poder, que pode dicirse que residen nas cidades. Non é que se baleiraran ‘porque si’, sen causa, ou que a culpa a teñan as mesmas persoas que viven nelas e que deciden baleirar o territorio, emigrar sen máis.
Amplifícase o desfase de percepción cando o termo ‘baleirada’ aplícase a unha entidade -España- para partila desmembrando o seu territorio, para exercer sobre el unha dicotomía, poñendo así ambas partes en contraste, confrontándoas. E si, hai que darlle a razón a esta concepción nunha cousa: están enfrontadas. Pero non de xeito inevitable, senón como consecuencia local dunha forma de facer as cousas global que, entre outras circunstancias, está a levar ó planeta en conxunto ó desastre.
E é que tal parece -é- unha loita contra unha parte, non unha loita das ‘partes’ en conxunto para procurar unha solución: non se pode atopar unha solución mentras persistan as causas e as cousas que xeran o problema, que inclúen factores como o descoñecemento de moitos ‘urbanitas’ de como funciona o campo. Así, co tipo actual de loita ‘contra a España baleirada’, só se poderán atopar paliativos que, a non longo prazo, xustificarán máiss ataques contra xente e territorio baleirado esgrimindo os custes, as subvencións, as supostas ‘prebendas que se lle levan dado’, o pouco que fan os poucos veciños que van quedando… e que se presentarán como un custe para o resto da sociedade. A culpabilización do débil e oprimido é un mecanismo típico, de manual, para rematar con el, anulalo, vencer as súas últimas resistencias. Despois virá a ocupación dese espazo polos substitutos dependentes do ‘poder urbano’, sexa unha sinxela apropiación da terra xa despoxada, multinacionais agroalimentarias ou o que sexa.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



