Cervo, 18 de marzo de 2020.- O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de iniciativas para contribuír a facer máis amenas estas xornadas de confinamento á veciñanza.
Deste xeito, hoxe mesmo, arrinca o programa de actividades propostas a través das redes sociais municipais (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-328922863972 e o instagram @cervocultura https://instagram.com/cervocultura?igshid=2jerajytcnpu baixo o cancelo #cervoquedanacasa.
Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:
1º Facerse seguidor da nosa conta de instagram @cervocultura
2º O mesmo día do concurso, de 12:00 a 20:00 horas, as persoas que desexen participar deber subir a súa foto ou vídeo ao seu instagram etiquetando a @cervocultura co cancelo #cervoquedanacasa
3º Ás 17:00 horas do día seguinte de cada un dos certames anunciarase o/a gañador/a
Os premios serán entregados ao remate da corentena e a axenda de actividades é a seguinte:
Mércores 18 de marzo, concurso de fotografía. Premiarase a foto máis orixinal sobre como pasar a corentena na casa
Venres, 20 de marzo, concurso de debuxo. Premiarase a orixinalidade e a utilización de distintas técnicas.
Sábado, 21 de marzo, concurso “tik-tok”. Premiarase o vídeo máis enxeñoso.
Luns, 23 de marzo, concurso de reciclaxe. Premiarase a modalidade máis orixinal realizada con materiais reciclados.
Mércores, 25 de marzo, concurso de cine. As persoas que desexen participar teñen que caracterizarse das súas personaxes favoritas e gravar unha pequena curtametraxe que faga referencia a dita película, serie ou debuxo animado.
Venres, 27 de marzo, concurso de música. As persoas que queiran participar teñen que tocar un instrumento, cantar ou bailar.
Desde o Concello de Cervo precisan que “sabemos que son días complicados para todos/as nos que debemos sumar esforzos e seguir as recomendacións das autoridades competentes para frear a expansión do virus; a fin de tentar contribuír a facervos máis amenas estas xornadas deseñamos este programa agardando que sexan moitos/as os/as veciños/as e as familias que se sumen; porque ademais é unha forma de estar interconectados nestes días e de interactuar uns cos outros”.
Ademais –engaden- “tamén somos conscientes de que nestes días as nosas rutinas están a sufrir variacións importantes. Sabemos que, entre outras moitas cousas, bótase de menos o exercicio no día a día; por iso, desde o Concello de Cervo, iremos compartindo diferentes sesións deportivas con elementos que todos temos a disposición nas nosas casas”.
Son rutinas especialmente pensadas para as persoas usuarias das nosas Escola Deportivas Municipais, pero que, por suposto, convidamos a realizar a todos/as da man da nosa monitora Belinda.
Aquí vos deixamos o enlace da primeira rutina deportiva.
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10160015488128973&id=328922863972






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



