Mondoñedo, 18 de marzo de 2020. O Concello de Mondoñedo informa de que a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo comunica a suspensión de todas as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, como consecuencia do estado de alarma decretado a causa da crise sanitaria xerada polo coronavirus (COVID-19). O comunicado da Fraternidade vén a sumarse ao xa feito público pola diocese de Mondoñedo-Ferrol no mesmo sentido.
O presidente da Fratenidade, Valentín Ínsua Palacios, explicou que é a primeira vez que se suspenden a saída de todas as procesións na historia recente de Mondoñedo. Recordou que a Semana Santa mindoniense está declarada de Interese Turístico. Nesta ocasión o pregón da debía correr a cargo de Francisco Cal Pardo. Estaba previsto que a figura da Virxe estreara manto na procesión do Xoves Santo. Na do Ecce Homo debían estrearse novos estandartes, obra das concepcionistas mindonienses.
En total, en Mondoñedo saen oito procesións cada Semana Santa. Para organizalas, como todos os anos, a Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar de Mondoñedo levaba moito tempo traballando para ter todo a punto; esta tarefa esixe a coordinación dunhas duascentas persoas, que, dun xeito ou doutro, interveñen directamente nas procesións.
Entre as singularidades da Semana Santa Mindoniense cabe anotar que o Venres Santo, pola noite, na procesión da Soedade, na que só participan mulleres, pódese escoitar o Plorans, composto polo Mestre Pacheco, que só se pode executar en Mondoñedo. Tamén é de resaltar que entre as tallas que participan nas procesións están a Dolorosa, do século XVIII, e os pasos da procesión do Prendemento, coa Flaxelación e o Ecce Homo, os dous do século XVII, e o Cristo de Medinacelli, do XVIII.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



