Santiago de Compostela, 22 de abril de 2020. O sector Postal de CCOO denuncia que o persoal de Correos ten o maior índice de contaxios de coronavirus tras o persoal sanitario. O sindicato, maioritario na empresa, atribúe a situación á «irresponsabilidade» do presidente do operador postal público, José Manuel Serrano, que durante vinte días mantivo as traballadoras e traballadores sen equipamentos de protección individual (EPI). En toda España hai 836 casos positivos de COVID-19 en Correos e 2200 máis están en corentena. En Galicia son 38 os posibles positivos e cinco máis en corentena.
Por provincias, na Coruña hai 21 posibles positivos e dous en corentena; en Lugo, catro posibles positivos e un en corentena; en Ourense, cinco posibles positivos; en Pontevedra, oito posibles positivos e dous en corentena.
Ademais, CCOO denuncia que Correos, «contrariamente ao criterio do Goberno», está a «ocultar» os datos provinciais desde o pasado 13 de abril, última data en que os publicou. «Esta manobra pon de manifesto a falta de transparencia e a nefasta xestión do seu presidente», incide o sindicato.
Os datos sitúan o índice de contaxios en Correos (1,59 % do persoal total) en niveis cinco veces superiores á media da poboación, só por baixo do persoal sanitario (4,87 %) e levemente por riba das forzas e corpos de seguridade do Estado (1,58 %).
CCOO atribúe a situación á «alta exposición» a que estivo sometido o persoal de Correos nas primeiras semanas da crise sanitaria; durante arredor de vinte días careceron dos EPI axeitados, pero seguiron desempeñando o seu cometido, por ver Serrano «unha oportunidade de negocio» no comercio electrónico.
A presión sindical levou a que o Real decreto do pasado 29 de marzo definise como «esencial» o servizo público postal —algo ao que o propio Serrano se opuxera—, restrinxindo a actividade de Correos aínda máis e limitándoa á prestación de elementos esenciais e imprescindibles para a cidadanía.
Por último, CCOO esíxelle á dirección de Correos que, se non é capaz de dotar a todo o persoal dos medios de protección axeitados, así como de garantir a correcta desinfección das instalacións, entre outras medidas, «deberá paralizar a actividade, porque a saúde e a vida están por riba do negocio».



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



