Lugo, a 2 de abril de 2020. A senadora lucense e voceira de Xuventude na Cámara Baixa, Rosa Arza, demanda ao Goberno central que explique que medidas está a levar a cabo para facilitar que os estudantes lucenses e galegos que están a cursar os seus estudos no estranxeiro poidan voltar aos seus fogares durante o estado de alarma.
A popular fai esta petición porque son moitos os mozos que, no marca do programa de mobilidade europea para universitarios, se atopaban fóra do país cando comezou a pandemia do Covid-19 e as embaixadas non lles ofrecen ningunha solución viable. Esta situación agrávase aínda máis se agrava se se ten en conta que a crise sanitaria obrigou ao peche de fronteiras comunitarias para a libre circulación de persoas e ás restrición de voos para que os estudantes poidan retornar. Así llo trasladaron diversos afectados, entre eles unha estudante de Foz que se atopa na República Checa
Dado que, na actualidade, estes universitarios galegos “están atrapados” nos países nos que desenvolven a súa actividade económica, a senadora sospeita que ademais se teñen que enfrontar “á inacción do Estado, deixándoos a eles e ás súas familias nunha situación de gran impotencia e desamparo”. É por este motivo, polo que dende o PP consideran necesario que o Executivo central renda contas a este respecto.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



