As declaracións de Arturo Fasana, xestor de Xoán Carlos de Borbón perante a Fiscalía suiza de Xenebra, ratifican o absoluto desprestixio do anterior Xefe de Estado. Malia que, fronte os 100 M USD da comisión do rei Abdallah da Arabia Saudita de 2008. os 1,7 M € do agasallo de 2010 do sultán de Bahrein son cuantitativamente moito menos relevantes.
Mais, con cravar un outro cravo no sartego da honestidade do antigo monarca, estas manifestacións amosan unha historia trapalleira de serie B: disque Borbón y Borbón transportou os cartos nun maletín entre Abu Dhabi e Xenebra, prevaléndose da súa cualidade de Xefe do Estado e, xa que logo, da ausencia obrigada de controis. En Xenebra llelos entregou ao seu xestor para que éste os ingresase na conta da Fundación panameña Lucum da banca Maribaud. Lembremos que o único beneficiario en vida da Fundación Lucum era o propio Rei Emérito e que o seu fillo e actual Xefe de Estado era beneficiario da devandita Fundación no caso de falecemento, até que renunciou en marzo de 2019, un ano antes de informar deste affaire á opinión pública.
Os feitos denunciados son gravísimos. Por moito menos hai ben de xente na cadea, comezando polo xenro do Rei Emérito. Arrepía pensar nestes níveis de corrupción na Xefatura do Estado ao longo de 39 anos, que só comezan ser descobertos pola xurisdición doutras democracias europeas.
Ninguén negará agora a necesidade urxente dunha investigación parlamentaria, como a que pediron hai unhas semanas Compromís, PNV, EH Bildu, JuntsxCat, ERC, CUP e BNG. Porque o desprestixio da Monarquía española no contexto europeo e universal é irreversíbel. E o desprestixio da Monarquía fire de morte o prestixio do Estado español. Unha ollada á mellor prensa internacional é abondo para comprobalo.
Mais fronte tal pedimento o tripartito de dereitas e o PSOE xuntaron o seus votos para lle furtar á cidadanía das distintas nacións do Estado unha pescuda independente que determine os concretos actos de corrupción do anterior Xefe do Estado. Pescuda que non habería prexudicar a xudicial que lle cómpre á Sala do Penal do Tribunal Supremo, malia que como avogado dubide moito de que un Tribunal tan politizado vaia mover un papel.
Porque a Monarquía de Xoán Carlos e Filipe de Borbón é a Institución que encarna e lle da sentido ao Deep State, á baixa calidade democrática, á recentralización política e económica, ao predominio dos sectores regulados do Ibex 35, á España da grande banca, da grande distribución eléctrica e do lobby construtor-concesional. A Institución que lle da sentido ao capitalismo de “amiguetes” e á España do palco VIP do Bernabeu.
A crise da Monarquía é a propia crise do Estado.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



