Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de maio, é o día do traballo. Segundo a fonte que se mire, ‘día internacional do traballo’, ‘día internacional dos traballadores’, ou sinxelamente, ‘festividade do 1º de maio’. Un día para aplaudir con máis forza aínda ó conxunto de traballadores e traballadoras que nos manteñen vivos, formemos ou non partre ‘deles’. Non só en época de pandemia, senón calquera día, pois calquera día a sociedade humana necesita funcionar para que cada un de nós podamos movernos como humanos.
Coido que é así como se debe ver o tema dos aplausos. Aplausos que xurdiron como apoio ó persoal sanitario visto nun primeiro momento como aquelas persoas das que dependíamos. E aplausos que eles mesmos viron dende ese primeiro momento como algo que non debera ser substitutivo do apoio económico á infrastrutura sanitaria que leva vistos demasiados recortes xa, nin tampouco dunhas condicións de traballo dignas, que deben incluír o non ser despedidos e contratados case -ou sen case- por horas mesmo en tempo de pandemia. E aplausos que logo foron reclamados por outros colectivos de traballadores, con máis ou menos acerto ou/e intensidade, e incluídos ou non por cada un dos aplaudintes no seu corazón e na súa cabeza.
En canto á tanda de aplausos, cando comezou apunteime, pero tamén comecei a pensar cal sería a traxectoria previsible: ir medrando, pasar por un máximo e caer. E como se iría transformando a mentalidade da xente en relación ós aplausos: apoio furibundo pro supervivencia, e logo, matices varios, pouso calmado e evento social, a modo dunha misa pandémica. Ou mesmo como variaría a intensidade, duración ou acompañamento con música, que variou abondo co tempo. E aínda, a posibilidade de asociar o tempo de aplauso a unha ximnasia de brazos ou a facer un ritmo musical: ó fin, 500 aplausos que contei dunha tanda, dan para moito. O tempo foi contrastando os meus pensamentos. Aínda que a zona non ten moitas vivendas habitadas esta tempada, e polo tanto non fai fe a nivel xeral, vin medrar primeiro e logo caer tamén lixeiramente a participación. E notei como se convertía nunha cuestión social de veciñanza.
O que non prevín foi algo externo, o ataque directo ós aplausos que algún grupo ten pedido nas redes sociais e que nas grandes vilas parece que causou problemas ó contrarestar algúns aplausos con ruidosas, aínda que minoritarias, caceroladas. Nin tampouco se me pasou pola cabeza o contraste entre aplausos e rexeitamento dentro dalgunha comunidade de veciños (moi poucas, pero moi visibilizadas por efecto viral) a persoal sanitario ou de supermercado por ser posible vector de contaxio, presumindo a infección e inxección vírica no entorno. Algo nun sentido imaxinario e como mínimo éticamente dubidoso, asociado quizais de xeito lonxano nalgunha mente a “todos producimos merda, pero ninguén quere o vertedoiro á beira da súa casa”.
Houbo outra cousa que tamén pensei: que o apoio centrado no persoal sanitario non tiña moitos visos de convertirse de xeito rápido nun apoio ‘contante e soante’ ó servizo público da sanidade, nin tampouco á xente que o leva adiante. Outra cousa é que vaia quedando un pouso que facilite a recuperación da sanidade pública e a dignificación práctica de quen a traballa. Algo a confirmar.
Ben, ó fin, van ter a apariencia de ganar queres queren que desaparezan os aplausos. Pero que quede claro que non é por eles, senón porque volve a normalidade. Unha certa nova normalidade ou anormalidade continuada, xa iremos xulgando. Como tamén veremos se os aplausos contribuíron a facer unha normalidade mellor.
Mentres, lembrar que aplaudimos por e para algo, e que o primeiro de maio devolve ós nosos pensamentos algo non seguro, senón a conseguir todos os días. Con iso, festa dobre: imos saíndo da pandemia e seguimos loitando por un mundo mellor.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



