Viveiro, 13 de maio, 2020. Desde o BNG de Viveiro, mesmo sabendo que vivemos num momento peculiar de desconfinamento, consideramos essencial a celebração das Letras Galegas que este ano serán dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. Ricardo foi escritor, historiador da literatura, crítico literário, filólogo, linguista e é considerado o ideólogo do reintegracionismo. Esta corrente linguística postula que o galego e o português são variantes do mesmo idioma, e defende uma normativa ortografia máis internacional para o galego facendo uso da escrita galego-portuguesa, também chamado galego moderno.
Como em muitos outros assuntos, no BNG não recebemos nenhuma notificação por parte do Concelho de que estiver a trabalhar para o día das Letras Galegas 2020 e mesmo esta semana das Letras Galegas está a passar desapercibida en Viveiro. Polo que lhe pedimos ao Governo Municipal e en especial á súa área de Cultura, un esforço especial para achegar Carvalho Calero a todas e todos neste ano de circunstâncias especiais, pois isto não têm que ser desculpa para confinar-nos o idioma e o seu uso normal em todos os ámbitos. Polo que este ano sendo dedicado a Carvahlo Calero, desde o BNG solicitamos promover as obras do filósofo, assim como divulgar amplamente a súa ideologia reintegracionista, que já está a ser usada por milheiros de pessoas, associações e grupos em geral na Galiza, e que no BNG de Viveiro estamos a utilizar nesta nota na súa homenagem.
Aproveitamos a oportunidade para solicitar ao Goberno Municipal que cumpra com as normativas vigentes para uso do galego em todas as suas áreas, declarações, regulamentos, concelherías… Pois existem muitos lugares municipais e oficiais do Concello onde o idioma não está a ser usado ou só de maneira residual.
Por último, desde o BNG de Viveiro animamos a todas e todos a celebrar este 17 de maio desde as súas varandas e janelas pendurando a bandeira galega delas, así como que o Concelho o faga nos edificios oficiais tal e como se esforça com noutras celebrações.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



