Viveiro, 2 de xuño, 2020. A crise económica e social que xa estamos a vivir como consecuencia da pandemia da covid-19, vai ter unha virulencia especial na Galiza, cunha situación económica xa moi debilitada e dependente.
Nesta situación é imprescindíbel facer políticas atrevidas, valentes e decididas que rachen coa dinámica de parcheo que o único que fai é sustentar o sistema e rebota os efectos da crise sobre os sectores máis desfavorecidos, sobre as clases populares. Os grandes beneficiados, se non o remediamos serán a banca e as grandes corporacións económicas.
Os concellos non teñen competencias estruturais en materia económica e política fiscal. As decisións que se poidan adoptar para facer fronte á crise dende o ámbito local van depender das medidas lexislativas e executivas que se adopten polo Estado español e pola Xunta de Galiza.
Para que a administración local poida despregar a súa capacidade de actuación nesta situación é fundamental a derrogación da lei de Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira (lei Montoro), xa que esta lei recolle tres regras fiscais (estabilidade, regra de gasto e débeda) para priorizar o pago da débeda aos bancos).
Esta lei deriva da modificación do art. 135 da Constitución española en 2011. Sen a derrogación desta norma as posibilidades de actuación das diferentes administracións veríanse moi minguadas, e quedarían en actuacións de beneficencia.
Están a ser cada vez máis preocupantes as informacións en distintos medios de comunicación da intención do Ministerio de Facenda de utilizar os depósitos remanentes municipais, no canto de permitir que sexan utilizados polos concellos en actuacións da súa competencia. Esta decisión deixaría á administración local sen ningunha capacidade de acción.
Nunha situación como a que estamos a vivir é fundamental a elaboración de mecanismos de solidariedade social nacionais: claridade dos recursos dispoñíbeis en cada nivel de intervención pública, priorización no emprego colectivo destes recursos para que cheguen a quen os precisa (sen que dependa do concello no que residan) e exercicio responsábel das competencias de cada institución, evitando duplicidades, solapamentos e baleiros inadmisíbeis.
Para isto faise preciso a elaboración dun plan galego de reactivación económica e social, consensuado entre as distintas administracións, forzas políticas, sectores e axentes sociais. Esta proceso debe estar dirixido polo goberno galego e refrendado polo Parlamento Galego. A FEGAMP, como asociación dos concellos e deputacións galegas, debe xogar un papel fundamental, sen delegar na FEGAMP representación dos concellos galegos. Os concellos galegos van ver máis diminuída a súa capacidade de intervención, investimento e gasto se a interlocución municipal ten como referencia o mapa municipal estatal.
Dada a estrutura da economía galega, cunha elevadísima porcentaxe de traballadores e traballadoras por conta propia e pequenas empresas, o plan galego debe ter especialmente en conta a súa situación e estabelecer axudas directas, complementarias das do estado, para que podan seguir a desenvolver a súa actividade. Debe haber unha actuación urxente do goberno galego a estes sectores da economía, como xa aprobaron outras comunidades autónomas.
Por estes motivos, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1.Instar a Xunta de Galiza á iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica, consensuado con todas as administracións, forzas políticas, axentes e sectores sociais. Este plan debe delimitar claramente as competencias das distintas administracións, para evitar duplicidades e baleiros no emprego dos recursos públicos.
2.Instar á Xunta de Galiza á elaboración con urxencia dun plan galego de axudas, que complemente as medidas do estado, a autónomos e pemes.
3.Instar á FEGAMP e á Xunta de Galiza a esixir a derrogación da Lei Montoro para permitir que os concellos poidan desenvolver toda a súa capacidade de investimento e gasto.
4.Manifestar a firme oposición da corporación municipal a calquera pretensión do Ministerio de Facenda de incautar ou bloquear os fondos municipais.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



