Lugo, 7 de agosto de 2020. A Deputada de Rexime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, avanzou este venres que xa está aberto o prazo de inscrición nas Xornadas de Introdución á Creación de Experiencias de Ocio e Turismo da provincia de Lugo que acollerán as dependencias dos Servizos Audiovisuais da Deputación.
Estas xornadas terán lugar os días 24 e 25 de agosto e enmárcanse dentro da programación do I Congreso de Turismo Experiencial que se celebrará en Lugo no mes de setembro e co que colabora a Deputación de Lugo. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nas xornadas en congresoturismoexperiencial.com/lugoexperience.
García Porto explicou que nestas xornadas abordaranse moitos aspectos vencellados co turismo de experiencias. “Os profesionais que acudan recibirán asesoramento para mellorar a súa actividade ao poñer á súa disposición claves e ferramentas para deseñar, crear e comercializar as súas experiencias; tamén lles presentarán casos de éxito reais de territorios semellantes; poñerase o foco nas cuestións que máis demandan hoxe os visitantes; e, entre outros aspectos, presentaranse as novas canles de comercialización e promoción dos destinos”.
A titular de Turismo provincial convidou ás persoas que se dedican ao sector do turismo na provincia e tamén a aquelas que desenvolven unha actividade que pode ser obxecto dunha experiencia turística, a que se anoten. “Van ser encontros abertos nos que se fomentará a participación co obxectivo de xerar un ecosistema colaborativo na nosa provincia. En Lugo contamos cun grande abano de recursos turísticos para crear experiencias diferentes e atraer visitantes e é agora neste novo escenario post-Covid onde temos que ver o noso territorio como unha oportunidade e exprimir ao máximo as súas características que hoxe son tan demandadas: pouca masificación, natureza, e amplos espazos abertos”.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



